lunes, 12 de enero de 2015

RESULTADOS XORNADA 10-11/XANEIRO/2015

Boa xornada en xeral a realizada polos distintos equipos do CB Grove a pesares dos numerosos problemas que tivo que soportar motivados pola gripe e gastroenteritis de moitos xogadores e adestradores.
CADETE FEMENINO:
Victoria no seu desprazamento a Boiro para xogar ante o Santa Baia por un claro 21-58 lamentando a baixa de Jenni que o minuto de entrar no campono minuto 6 do mesmo, tivo que ser sustituida o romper tres dedos do pe o resbalar ela sola. A pesares do infortunio e preocupación das súas compañeiras, estas fixeron un gran partido ante un rival que nunca se deu por rendido. Xogaron:
STA BAIA: Domínguez, Iglesias M 5, Aranguren, Iglesias V 6,  Rey, Otero 6, López A, López E, Vila 4 e Pombar.
CB GROVE AMALFI: Jenni, Siliva 7, Mara 9, Ana 2, Alba 8, Arantxa 8, Sara 22, Irene, Paula, Thais, María e Olgui 2.
Marcadores: 5-18 e 019, descanso 5-37, 7-9 e 9-12.
O marcador da segunda parte foi tan baixo, 16-21, motivado polo estado resbaladizo da pista causado pola humidade existente e para non aplazalo e así evitar outra viaxe, acordouse seguer xogando, pero case andando para evitar mas desgrazas, coa de Jenni xa chegaba.
CADETE MASCULINO:
Gran victoria do CB Grove Turimares no seu desprazamentoo Pavillón da Raña, para enfrentarse o Marin Peixe Galego, por 43-52, tras un gran partido de todolos xogadores, cicais o mellor partido da temporada a pesares das baixas que tiñan.
Sairon os grovenses dominando o encontro dende o primeiro minuto sen dar opcións os seus rivais con un xogo fluído e certero e unha gran defensa, acadando vantaxes que ían de 10 a 15 puntos continumanete, soio nos minutos finais do último cuarto os marinense lograron acercarse a 4 puntos no marcador, 40-44, aproveitando o cansanzo dos xogadores os cales xe repuxeron a presión local tras dous tempos mortos do seu adestrador para recuperar folgos e dar un par de instruccións que levaron a raxatabla dando os seus frutos o lograr un parcial de 3-8 rematando o partido coa victoria final. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Díaz 13, Pato, Alvaro 17, Alberto, Brais 4, Xabi 18 e Noel.
Marcadores: 9-14 e 7-13,  descanso 16-27, 5-8 e 21-17.
Felicitar os 7 xogadores polo seu compromiso e entrega en un encontro moi dificil dende o primeiro minuto.Grazas chavales.
INFANTIL MASCULINO:
Derrota do CB Grove Turimaresn ante o Estudiantes de Pontevedra por un 47-35 que non reflexa o que pasou no campo, pois cometeron moitos erros baixo canasta e realizaron un primeiro moi malo defensivamente o que foi aproveitado polos xogadores locais para acadar unha vantaxe de 11 puntos que xa non foron capaces de remontar a pesares de ter numerosas ocasións para facelo. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Rodrigo, Alberto 2, Pedro, Xoan 2, Lois 10, Chusino, Brais 21, Lucas, Noel e Mouco.
Marcadores: 14-3 e 8-12, descanso 36-18,  13-14 e 12-6.
Novamente agradecer o esforzo dos xogadores que se desprazaron a Pontevedra a pesares de non encontrarse en óptimas condicións.
INFANTIL FEMENINO:
Derrota moi axustada, 20-18, do CB Grove Amalfi no seu desprazamento a Carril, as nosas xogadoras faltoulle un pouco de acerto de cara o aro, pois no é normal que soio anotara Olgui máis da mitade dos puntos do equipo, 18 levando todo o peso do equipo non tendo o seu día o resto das compañeiras. Destacar a gran labor defensiva de toda as cales foron maxistralmente dirixidas por Yoya o ter que ir o adestrador por urxencias centro médico o non encontrarse ben.  Xogaron:
CB GROVE AMALFI: Salma, Nerea, Arantxa 4, Irene, Antía, María 2, Thais e Olgui.
Marcadores: 5-4 e 4-5, descanso 9-9, 4-4 e 7-5.
Grazas chavalas pola entrega durante todo o partido, outra vez sera, seguro.
ALEVÍN:
Victoria cómoda novamente do CB Grove Turimares no seu desprazamento a Portonovo para enfrentarse o CB Baltar na tarde do sábado por un claro 24-70, os cales non cerraron a acta por 7ª vez consecutiva o non apretar máis en defensa, senon a diferencia sería maior. Este foi o equipo máis castigado polas lesións e os virus o ter que desprazarse con soio 8 xogadores, o que motivara a perda do encontro por faltar un xogador, pero os partidos gañanse no campo e ahi amosouse quen é superior. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Uxía 4, Alberto 20, Xoan 26, Nati, Lois 14, Lucas 8, Stephanny e Nerea.
Marcadores: 6-18, 2-4 e 3-8, descanso 11-30, 0-20, 9-8 e 4-12.
Gran partido de todolos xogadores e destacar a Uxía que con un esguince desprazouse o encontro para axudar o equipo para poder evitar a derrota por falta de xogadores, máis ainda así, non completamos o cupo.
BENXAMÍNS:
Non temos acta do encontro, o CB Grove perdeu ante o Marín Peixe Galego claramente o ser soio catro xogadores os cales a pesares da derrota amosaron mellores maneiras de equipo e fundamentos prantando cara en todo momento e soio a superioridade física fixo que non acadaramos a victoria, pero o principal que son os coñecementos do baloncesto en equipo, teñenno moi claro i eso é moi importante de cara o futuro.
CB GROVE:  Nati, Stephanny, Daviz y Lucía, 

Agora a esperar que pase es


No hay comentarios:

Publicar un comentario