lunes, 12 de enero de 2015

HOMENAXE A MAURI

Tras 25 anos xogando o Baloncesto. o pasado día 3 de xaneiro o Club Baloncesto OGrove rindeuñe unha homenaxe o noso xogador Mauricio Moldes Otero, entregandolle a placa conmemorativa Celso Luengo, emblema do Clube, o finalizar o encontro programado entre o CB Grove Turimares e o CB Amigos de Mauri, case todos exogadores do CB Grove nas distintas categorías, dende Benxamíns ata Seniors, así como da súa época no CB Siradella. Así mesmo se lle entregou outra placa a Santi Romay, "Capi", que recibeu das mans do seu fillo Pablo como a recibira antigamente Barbeito polos 20 anos de pertenenza o Clube Baloncesto OGrove.
Gañaron os Amigos de Mauri por 45-43 nun partido moi entretido e igualado como reflexa o marcador enfrentandose entre eles dous hirmáns, o pasado Fran Domínguez e o presente, Martín. Xogaron:
CB AMIGOS DE MAURI: Mauri, Pistón, Santi, Mouco, Carlos Besada, Santi Besada, Alberto Veiga, Tono,Cololo e o capitan Barbeito, dirixidos polo corpo técnico formado por: Monón, Jose e Besada.
CB GROVE TURIMARES: Germán, Alex, Rubén, Kampa, Pete, Eloy, Oscar, Yuri, Besteiro,Fonti, Luís e os xogadores da canteira Walli, infantil, e Xabi, cadete. Adestrador Manolo "Campaña".
Faltaron varios xogadores por compromisos varios, peron non nos olvidamos deles cando nos xuntamos todos no Bar Pabellón a recordar os vellos momentos e rirnos un pouco coas anecdotas que nos pasaron durante estos 25 anos e xa quedamos para a próxima.
A Xunta Directiva do CB Grove quere agradecerlle a todos a súa asistencia e a Mauri esa entrega durante estes pasados 25 anos. Grazas "Mau" por todo o que nos deste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario