martes, 2 de diciembre de 2014

RESULTADOS XORNADA 29-30/Novembro/2014

Mal fin de semana en canto a resultados pero moi bó no progreso dos equipos en canto a xogo en calidade, onde varias derrotas, a pesares do abultado non se axeitan o realizado na pista.
SENIOR:
O equipo Senior, CB Grove "Turimares" gañou en Vilanova o CB San Mauro por 53-63 nun partido moi duro, onde de principio os nosos xogadores se foron no marcador con un parcial de 12-0 nos primeiros minutos para igular despois os locais a 13 ptos. O inicio de segundo cuarto foi máis do mesmo, inicio arrollador, parcial de 16-2, 29-15 para que os locais empregasen a dureza para frear os ataques visitantes que non eran parados polos srs. colexiados e acercaronse no marcador, descanso 28-37. Inicio do terceiro cuarto da mesma forma e xa os colexiados castigaban todo evitando que se lles fora o partido das mans, creemos que algo tarde e parcial de 6-14 para no último cuarto xogar a manter a vantaxe e evitar algún lesionado o percance.
CB GROVE TURIMARES: Besteiro 15, Fonti, Pete 8, Jacobo, Germán 4, Kampa 4, Alex 12, Rubén 2, Yuri, Luís 1 e Oscar 17.
Marcadores: 13-13 e 15-24 (28-37 descanso) 6-14 (34-51) e 19-12. (Final 53 - 63).
CADETE MASCULINO:
Os Cadetes do CB Grove "Turimares" perderon no seu desprazamento a Riveira ante o CB Riveira por 69-55 despois de ir gañando todo o encontro, pero nos minutos finais e coa exclusión por faltas de Díaz a falta de 4 minutos e un parcial de 15-1 dos locais, lograron a victoria. Os grovenses fixeron un gran partido e soio os numerosos fallos nos tiros libres, fallaron 14 añadido o cansanzo, evitaron a victoria, pero o xogo  e a actitude foi moi boa.Grande equipo.
CB GROVE "TURIMARES": Noel, Díaz 2, Dani, Samu, Walli 19, Alvaro 18, Javeto 2, Xabi 14 e Luís.
Marcadores: 17-15 e 5-14 (22-29 descanso) 18-14 (40-43) e 29-12 (final 69 - 55).
CADETE FEMENINO:
O Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" perdeu ante o Xuven no Pavillón do Pombal de Cambados por 65-30, diferencia que non reflexa o que pasou na pista. As nosas xogadoras empregaronse a fondo pero non tiñan o día de cara o aro fallando moitas ocasións claras, cicais, foi o pior partido da tempada, pero confiamos en mellorar de cara a segunda volta.
CB GROVE AMALFI: María, Jenni 2, Alba 6, Arantxa 4, Silvia, Paula 2, Thais, Mara 6, Ana 2, Julia, Sabela e Sara 8.
Marcadores: 18-8 e 15-8 (33-16 descanso) 22-8 (55-24) e 10-6 (final 65 - 30).
INFANTIL MASCULINO:
Gran partido o presenciado no Monte da Vila entre o CB Grove "Turimares" e o Marín Peixe Galego onde os nosos xogadores perderon por 59-84 pero realizaron un gran encontro, o soio a falla de profundidade de banquiño e de altura nos grovenses fixo imposible a victoria a pesares do gran partido de Walli, que anotou 47 puntos, cada día está máis enforma ven axudado polos seus compañeiros na labor defensiva.
Namentres as forzas existiron o partido estivo igualado, pero o final foi imposible e no terceiro cuarto aproveitando o descanso dos xogadores máis importantes do equipo, os marinenses lograron un parcial de 10-28 que xa foi imposible remontar a pesares de intentalo con todalas las forzas que quedaban. Xogaron:
CB GROVE "TURIMARES": Rodrigo, Mouco 2, Alberto, Pedro, Xoan, Walli 47, Lois 6, Noel 2, Chusino, Simón e Brais.
Marcadores: 17-18 e 15-18 (32-36 descanso) 10-28 (42-64) e 17-20 (final 59 - 84)
INFANTIL FEMENINO:
Aquí tamén tivemos unha derrota moi abultada pero non xusta do CB Grove "Amalfi" no seu desprazamento a Cambados ante o Xuven por 72-21. Non mereceron tanto castigo no marcador po lo xogo realizado, pero soio a labor arbitral o consentir o xogo intenso de presión das locais que roubaban moitos balóns, pero a maioría en falta, impediron que se vira un bo encontro.Non castigaban as entradas a canasta das nosas xogadoras que eran obxeto de falta por parte das locais. E unha vaga que os equipos estemos traballando cada vez mellor na calidade das nosas xogadoras, e os arbitraxes sexan piores. Xogaron:
CB GROVE "AMALFI" : Ainoa, Irene, María 2, Antía, Salma, Olgui 9, Arantxa 8, Uxía 2, Nerea, Thais, Dafne e Vanessa.
Marcadores: 16-5 e 24-9 (40-14 descanso) 16-3 (56-17)  e  16-4 (final: 72-21)
ALEVÍN MASCULINO:
Victoria clara do CB Grove "Turimares" ante o Amigos do Baloncesto de Pontevedra por 53-3 en partido celebrado no Monte da Vila. Moi superiores os nosos xogadores que ata a data, non teñen rival en esta categoría dominado todos os seus encontros por KO ante do descanso, victorias que non nos sirven os adestradores de cara a enseñanza pois a diferencia é moi grande. Xogaron:
CB GROVE "TURIMARES": Adrián 2, Alberto 22, Pedro 6, Xoan 2, Nerea, Lois 11, Dafne, Ainoa, Lucas, Uxía e Pablo C.
Marcadores: 30-0, 4-3 e 19-0.
BENXAMÍN:
Derrota dos máis cativos, o CB Grove, ante o Sigaltec 2006 Bulls por 30-44 en un partido moi igualado, onde xogan os que estan iniciandose no baloncesto, pois os veterans xogan nos alevíns. Satisfeitos co xogo desempregado e que cada día van mellorando máis, temos o futuro garantido con esta "escola de xovenes talentos" que para o ano xa estaran entre os millores. Enhoraboa pequessss.
E xa sabemos, ¡¡¡Força Grove!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario