viernes, 12 de diciembre de 2014

HORARIOS XORNADA 13-14/Decembro/2014

Estos son os horarios dos nosos equipos este fin de semana:
SÁBADO FORA:
INFANTIL MASCULINO: RIO ULLA - CB GROVE TURIMARES
As 10.00h - Pavillón Colexio Infesta - PONTECESURES
Saímos as 8.30h da Estación de Autobuses.
Partido igualado onde a victoria pode ser nosa.
BENXAMÍNS:  SIGALTEC BULLS - CB GROVE
As 10.00h - Pavillón Instituto Carril - VILAGARCÍA.
Saímos as 8.30h da Estación de Autobuses.
A disfrutar i esperemos que veñan todos, xa que a hora non é a máis desexada, cando se daran conta dende a Federación que estas non son horas para por partidos de Benxamíns.
SÁBADO NA CASA:
SENIOR:  CB GROVE TURIMARES - EL DOCE
As 16.00h - Pavillón Monte da Vila.
Estar no Pavillón as 15.15h.
Confiamos na victoria ainda que o partido se presenta duro ante un equipo moi veteran e con moito oficio nos seus xogadores.
DOMINGO NA CASA:
CADETE MASCULINO:  CB GROVE TURIMARES - STA BAIA BOIRO.
As 12.00h - Pavillón Monte da Vila.
Estar no Pavillón as 11h.
Esperamos romper a racha de duas derrotas seguidas onde as baixas por enfermidade notaronse en exceso e volver o camiño da victoria.
CADETE FEMENINO: CB GROVE AMALFI - MARIN PEIXE GALEGO
Aprazouse para o día 23, martes, as 18h no Pavillón Monte da Vila.
INFANTIL FEMENINO:  CB GROVE AMALFI - CB ARXIL "C"
As 17.00h - Pavillón Colexio Conmeniño.
Estar no Pavillón as 16.15h.
Partido moi disputado e que veremos como o afrontan as nosas xogadoras despois do paron e da falta de adestramentos polos examenes.
DOMINGO FORA:
ALEVIN:  XUVEN - CB GROVE
As 19 h - Pavillón do Pombal - CAMBADOS.
Partido que marcara o nivel do noso equipo de cara a próximos encontros i en función dos xogadores que teñamos polas baixas por enfermidade. Esperemos contar con todos.
Xa sabemos, a disfrutar cos nosos equipos e que o alento non falte.
¡¡ FORÇA  GROVE !!

No hay comentarios:

Publicar un comentario