lunes, 20 de octubre de 2014

RESULTADOS XORNADA 18-19/OUTUBRO/2014

Bo fin de semana para os equipos este fin de semana onde os Seniors do CB Grove Turimares iniciaron a temporada na casa gañando por 51-37, o Cadete Femenino, CB Grove Amalfi,  gañou o derby por 32-47 e o equipo Cadete Masculino, CB Grove Turimares, perdeu en Pontevedra por 70-42.
SENIOR:
CBG TURIMARES  51: Besteiro 10, Eloy 4, Fonti, Pete 9, Yury, Iván 8, Kampa 3, Alex 13, Rubén 2, Luís  2, Germán e Oscar.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA  37: Pavón 6, Fernández H 6, Basalo,Valiño 4,Novas 9, Fernández A 3, Amoedo 4 e Canosa 5
Árbitros Srs. Rivadulla L e González A. 28 faltas sinaladas os locais e 13 os visitantes.
Marcadores: 15-6 e 7-10 ( 22-16 descanso) 14-15 (36-31) e 15-6 (51-37)
Victoria moi pelexada dos grovenses no inicio da nova temporada, e van 40, basada na gran labor defensiva de todo o equipo que iniciaron moi fortes o primeiro cuarto, para despois atrancarse ante a defensa zonal que fixeron os visitantes, o non ter acerto no tiro exterior o CB Grove, para no último si saber atacar e lograr un parcial de 15-6 que lles dou a victoria.
Falta moito traballo ainda o que é na labor de ataque, conxuntarse máis pra circular o balón máis rápido e mover a defensa e facer a transición defensa ataque e poucos pases. Gran partido de todolos xogadores, equipo que onte tiña unha media de 19 anos o faltar os dous veterans, Jaco e Oscar. O futuro esta garantido por moitos anos.
CADETE FEMENINO:
O MECO 32 - CB GROVE "AMALFI"  47: Jenni, Silvia 4, Mara 5, Ana, Alba 6, Arantxa 4, Sara 20, Julia, Paula 6, María, Thais e Olgui 2.
Arbitros Srs. Solla e López D. Sinalaron 9 faltas as locais e 18 as visitantes.
Marcadores: 12-16 e 3-8 ( 15-24 descanso) 6-10 e 11-13 (32-47 final)
Victoria que pudo ser máis ampla de ser os colexiados máis rigurosos co equipo local, 1 falta na primeira parte por 9 o CB Grove, máis ainda así, o CBG dominou o encontro con vantaxes de 10-15 ptos que e algunas veces, 20, o que fixo que se movera todo o banquiño con moita frecuencia. Destacar a todalas xogadoras do CBG Amalfi pola gran defensa que fixeron durante todo o encontro e de ter un pouco máis de acerto de cara o aro, os nervos de derby, a diferencia houbera sido maior. Dous partidos, duas victorias, estamos no camiño, e iso que este ano temos duas baixas que eran moi importantes, Sariña e Eva, pero estan perfectamente suplidas por Paula, Jenni e Julia, que despois do nadal nos van a aportar moito máis.
CADETE MASCULINO.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA 70 - CB GROVE "TURIMARES"  42: Rodrigo, Díaz, Daniel 8, Noel 2, Walli 4, Alvaro 21, Samuel, Alberto, Brais, Raúl e Xabi 7.
Árbitros Srs. Malvar e González.
Marcadores: 23-10 e 14-15 (37-25 descanso) 17-10 e 16-9 ( 70-42 final)
O mal inicio dos grovenses fixo que perderan un partido, o cal non sairon concentrados, por tanta diferencia, entonaronse no segundo e tercerio cuarto para no último acusar o cansanzo e non poder remontar. Esperemos que fose un mal día e pronto recuperemos o terreo perdido, o bó é que eles mesmos se deron conta de que o fixeran mal. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario