jueves, 16 de octubre de 2014

HORARIOS XORNADA 18-19/OCTUBRO/2014

Estos son os horarios dos partidos dos equipos do Clube Baloncesto Grove:
2ª CADETE FEMENINO:
O MECO - CB GROVE "AMALFI"
Sábado 18 as 10h - PAVILLÓN MONTE DA VILA.
Partido igualado onde as locais saen con vantaxe o xogar na casa, levan unha victoria e unha derrota e o CBG "Amalfi" leva unha victoria e un partido menos.
Estar no Pavillón as 9h.

2ª CADETE MASCULINO:
ESTUDIANTES PONTEVEDRA - CB GROVE "TURIMARES"
Sábado día 18 as 16h - PAVILLÓN DA XUNQUEIRA PONTEVEDRA.
Partido que marcara o camiño a seguir na Liga polos grovenses pois o Estudiantes leva duas victorias e o CBG "Turimares" leva una derrota e unha victoria despois de facer un bo xogo en Vilagarcía, confiamos na recuperación dos nosos xogadores  e que logren unha victoria pra acadar os postos altos da clasificación que este ano van a estar moi difíciles.
Saída as 14.45h da Estación de Autobuses.

3ª SENIOR MASCULINO:
CB GROVE "TURIMARES" - ESTUDIANTES PONTEVEDRA
Domingo día 19 as 12h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
Inicio de unha nova tempada para o equipo Senior ante un rival que acaba de ascender da 4ª categoría e que está formado por xogadores que levan moitos anos en esto, pois proceden todos dos equipos base do Estudiantes. Os grovenses teñen este ano un equipo moi xoven onde soio seguen dos veterans Jacobo e Oscar, recuperamos a Alex, Ruben, Eloy e Pablo, o que fai unha media de idade de 22 anos. Temos moitas esperanzas en este equipo que marcara a liña a seguir nas próximas tempadas pois son moi xovenes e veñen outros detras com moita calidade.
Apoiemos os nosos equipos acudindo o Pavillón a animalos. ¡¡¡ Força  Grove !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario