miércoles, 7 de mayo de 2014

RESULTADOS XORNADA 3-4/Maio/2014

Bo fín de semana para os equipos do Clube Baloncesto O Grove a pesares de ter moitos xogadores da base o padecer un virus gástrico que lles provocaba vómitos de febre.
Os Seniors do CB Grove Turimares, despedironse da categoría gañando en Ferrol o CD Recimil no partido de volta por 41-50 dandoñe  así a volta a eliminatoria despois de facer un bó partido. Sempre estiveron dominando o encontro con vantaxes entre 5 e 10 puntos,  e soi un momento que os árbitros foron un pouco caseiros consentindo a dureza dos rivais  dominaron o segundo cuarto por un punto despois de estar 11 abaixo.
Xogaron po lo CB Grove: Iván 8, Fonti 3, Lobo 8, Jacobo 1, Kampa 5, Luís, Germán 6 e Oscar 19.
Marcadores: 14-15 e 12-10, descanso 26-25, 6-13 e 9-12, final 41-50.
As Cadetes do CB Grove Amalfi gañaron na casa o Soleira Cortegada por 34-29, tras unha primeira parte moi mala. As grovenses sairon nervosas pois sabían que si perdian xa non tiñan opcións de loitar pola Copa.
Xogaron: Eva 14, Silvia, Ana, Alba 4, Sara 12, Olgui 2, Sariña, Thais, María, Nerea, Aida e Mara.
Marcadores: 4-12 e 5-5, descanso 9-17, 14-5 e 11-7, final 34-29.
As xogadoras do equipo Infantil Femenino, CB Grove Amalfi, tamén gañaron no seu partido disputado no Pavillón Monte da Vila o Marín Peixe Galego por un apretado 40-34 despois de ter dominado o encontro con unha vantaxe de 14 puntos. As grovenses tiñan soio 6 xogadores, 3 infantiles e 3 alevíns, pois estaban afectadas por un virus que infectou a case todo o CB Grove. A victoria estivo na gran defensa que fixeron mentras tiñan forzas e o acerto anotador da súa capitana, Mara que anotou 29 puntos.Acabaron todas sen forzas po lo gran traballo que fixeron amosando un gran orgullo e compromiso.
Xogaron: Thais 5, Mara 29, Ana 4, Arantxa, Irene e Antía 2.
Marcadores: 11-4 e 7-9, descanso 18 - 13, 16-6 e 6-15. final 40-34.
O equipo Infantil Masculino, CB Grove Amalfi, gañou no seu desprazamento a Vilagarcia  o BBC 2000 por un claro 34-63, os grovenses tamén se desprazaron con 6 xogadores o estar varios enfermos. Dominaron dende o inicio os seus rivais con unha gran defensa sin empregarse a fondo.
Xogaron po lo CB Grove: Rodrigo, Walli 15, Alvaro 28, Lucas 2, Brais 4, Xabi 12 e Noel 2.
Marcadores: 10-21 e 2-16, descanso 12-37, 8-15 e 14-11.
Os Alevíns e Benxamíns foron os equipos máis afectados polo virus adquirido na súa viaxe a Barcelos para participar no Torneo das Cruces e trapasalos os demais compañeiros o venres no adestramento.
O Alevín Masculino CB Grove perdeu ante O Meco por un axustado 59-65 o ter soamente a 7 xogadores e deles 4 eran benxamíns e que habían xogado anteriormente o seu partido e os alevíns mermados na súa saúde. A pesares da derrota o CB Grove amosou mellores maneiras ante un equipo moi superior fisicamente
No partido da primeira volta o CB Grove gañara por 57-16, unha diferencia de 41 puntos.
Xogaron os alevíns: Lois, Noel, Lucas, e os benxamíns: Adrian, Nacho, Diego e Pablo que se amosaron coma uns xabatos, o seu adestrador estaba moi orgulloso dos seus xogadores polo gran esforzo que fixeron.
O Alevín Femenino, Cb Grove Amalfi, perdeu no seu desprazamento a Pontecesures ante o Rio Ulla por 59-37 en un partido moi igualado e os Benxamíns Mixto do CB Grove Amalfi gañaron o Rio Ulla por un claro 14-64 na dobre xornada que tivemos contra eles.
O sábado o Benxamín Masculino, CB Grove Turimares gañou o BBC 05 por un claron 81-31 e o Benxamín Mixto, CB Grove Amalfi, perdeu ante o Vilagarcía 04 por un claro 11-62.
E no último partido da xornada, o Alevín Femenino, CB Grove Amalfi, perdeu no Pavillón Monte da Vila ante o Xuven de Cambados nun partido moi igualado por 26-31.
Desexamos que os xogadores: Lois, Alberto, Xoan, Emilio, Pedro, Pablo, Arantxa, Uxía, Olgui, Sabela, Nerea, Nati, Alba, Xoel, David, Lucía, Joaquín, Iván e Diego se recuperen pronto,.

No hay comentarios:

Publicar un comentario