martes, 29 de abril de 2014

TORNEO DE BARCELOS - PORTUGAL

Es equipos Alevín Masculino, CB Grove Turimares e o Alevín Femenino, CB Grove Amalfi, foron convidados a participar no Torneio da Festa das Cruces de Barcelos que se celebra o día 1 de Maio. Saímos as 8.30h en autobús dende a Estación de Autobuses para desfrutar dunha xornada de lecer e facer o mesmo tempo o que nos gusta, xogar o Baloncesto contra outros equipos de fora do Salnés. Estos encontros abren fronteiras e o Clube Baloncesto O Grove e moi estimado no país veciño, temos varias invitacións para outros torneos que seran comunicados puntualmente na nosa páxina e os pais directamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario