jueves, 29 de mayo de 2014

RESULTADOS EQUIPOS CB OGROVE

Bó fin de semana para o Clube Baloncesto O Grove que clasificou dous equipos para a fase final da Copa Primavera, o Cadete Femenino CB Grove "Amalfi" e o Infantíl Masculino CB Grove "Turimares". 
Estos foron os resultados:
CADETE FEMENINO: Gañaron no seu desprazamento a Illa D'Arousa por 21-47, no primeiro cuarto xa gañaban 0-16 para despois dosificar as forzas.
Xogaron: Eva 16, Silvia, Mara 4, Ana, Alba 8, Sara, Aida 15, Thais 2, Sariña 4, Sabela e Olgui 2.
Marcadores: 0-16 e 7-10, descanso 7-26, 10-6 e 4-15.
Agora a preparar a fase final do próximo sábado ante o Arxil as 10h no Pavillón do Instituto de Carril, despois de acadar o Subcampionato da Liga.
INFANTIL FEMENINO: Derrota por 74-32, no seu desprazamento a Pontevedra, ante o Arxil no pior partido da temporada, xogaron sen gañas, sen intensidad, estos últimos partidos fanse moi duros despois dunha temporada tan longa.
Xogaron: Thais, Uxía, Mara, Ana, María, Arantxa, Ainoa, Irene, Antía, Sabela, Lucía, Noa e Olgui.
Marcadores: 15-10 e 25-2, descanso 40-12, 16-7 e 18-13.
INFANTIL MASCULINO: Dobre victoria na dobre xornada xogada o sábado e o domingo. Primeiro gañaron o Rio Ulla no Pavillón Monte da Vila por 51-34 acadando así a fase final a falta de un partido.
Xogaron: Rodrigo,Martín 21,Samuel,Xoan, Alberto, Lois 2, Alvaro 16, Raúl, Lucas, Brais, Xabi 12 e Noel.
Marcadores: 15-8 e 14-2, 29-10 o descanso, 6-16 e 18-8,
Nova victoria ante o Marin Peixe Galego por 54-40, no partido xogado o domingo no Pavillón do Colexio de Conmeniño. O CB Grove Turimares, despois de acadar o Subcampionato de Liga, xoga a fase final a celebrar no Grove o próximo fin de semana.
Xogaron: Rodrigo, Walli 10, Samuel,Xoan,Alberto, Lois 2, Alvaro 25, Raúl, Lucas, Brais, Xabi 17 e Noel.
MINI BASKET FEMENINO: Derrota por 33-67 do CB Grove Amalfi ante o CB Vilagarcía 03 no partido xogado no Pavillón do Colexio de Conmeniño. As grovenses prantaron cara en todo momento a un equipo moi superior fisicamente e que dispón de máis adestramentos.
Xogaron: Stephanny, Uxía, Natalia, Dafne, Arantxa, Antía, Irene, Ainhoa, Nerea, Nati, Alba e Lucía.
Marcadores: 6-11, 2-12, 4-8, 13-6, 2-19 e 6-11.
Finalizou a Liga e agora a preparar a próxima temporada, pois son case todas de primeiro ano e teñne un gran futuro por diante.
PREMINI:  O CB Grove perdeu na casa ante o Xuven de Cambados por un axustado 64-76 no partido celebrado no Pavillón do Colexio de Conmeniño. Os grovenses tiñan varias baixas polas comunións, pero estivo entretido e moi igualado.Os grovenses no quinto cuarto o ter que xogar todos, perderon a vantaxe que tiñan o encaixar un parcial de 2-30, o que dou a victoria os cambadeses.
Xogaron: Pedro, Oscar, Lucía, Nati, Xabi, Alvaro, Xoel, Adri e David.
Marcadores: 12-9, 13-8, 8-15, 20-8, 2-30 e 99.
Falta un partido para rematar a temporada, pero coincide coas comuniós e case seguro que non xoguemos o non dispor de xogadores. Agora toca disfrutar este mes, e ir preparando a próxima temporada.
¡¡¡ FORÇA GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario