jueves, 29 de mayo de 2014

HORARIOS XORNADA 31 de maio e 1 de xuño.

Este fin de semana temos duas fases finais que xogan os nosos equipos. O Cadete Femenino CB Grove "Amalfi" xoga a primeira semifinal ante o CB Arxil as 10 da mañán no Pavillón do Instituto de Carril, Partido que vai ser moi igualado onde as nosas xogadoras terán que esforzarse e dar todo de sí para pasar a final que se xoga o domingo as 12 no mesmo pavillón. Xa escomenzamos con contratempos o non poder adestrar esta semana e preparar a final. Queda todo para o sábado.
A mesma hora, pero no Pavillón do Monte da Vila, xoga a primeira semifinal o equipo Infantil Masculino, CB Grove "Turimares"ante o Sigaltec 2001, equipo o que se ñe gañaron os catro encontros con vantaxes cómodas, 20-30 puntos, pero unha semifinal e distinto e os nosos xogadores non poden deixar escapar esta oportunidade ante os seus siareiros, que confiamos enchan o pavillón Monte da Vila para animalos e o Domingo en Conmeniño si conseguen pasar a final que sera as 5 da tarde, e así conquerir outro título esta temporada, o de Campión de Copa despois de lograr o Subcampionato de Liga. Xogaron 32 partidos con 2 derrotas
O equipo Infantil Femenino, Cb Grove " xoga o sábado día 31 as 18h no Monte da Vila o seu derradeiro encontdro ante o Rio Ulla de Pontecesures. Despiden a Temporada con un bó balance, terceiras na Liga e a Copa escapase por un mal partido, o da pasada xornada en Pontevedra. o cansanzo fai mella nas xogadoras despois de unha temporada tan longa..
E para rematar o equipo Benxamín ten o último partido pero como coincide coas comunións e moitos xogadores non poden vir e os pais xa avisaron e tamén avisamos a Federación que case seguro non o xogariamos, non o xogaremos rematando así unha boa temporada.
Recordar que temos duas fases finais, todos a animar o CB Grove.

No hay comentarios:

Publicar un comentario