jueves, 10 de abril de 2014

RESULTADOS XORNADA 5-6/abril/2014

Regular fin de semana para os equipos do Clube Baloncesto O Grove.
Os Seniors do CBG "Turimares" perderon no último partido xogado na casa ante o URECA por un axustado 44-51, partido que estivo dominado en todo momento polos grovenses que a falta de 2 minutos gañaban 43-41, pero o xogro marrullero dos visitantes, provocou unha mala reacción de Kampa despois de sofri un codazo que lle provocou desviación do cartilago nasal con forte emorragía, que foi castigado con descalificante e técnica o xogador Lobo por protesta, catro tiros libres que anotaron e así mesmo notaron o cansanzo o ter soamente 8 xogadores.
A tempada foi mala por moitos motivos, falta de preparación, pouco poderío físico o non vir os pivots os partidos, lesións e desprazamenteos con soio 5 e 6 xogadores, nos últimos partidos houbo melloría no xogo pero incapaces de gañar un soio partido. Agora a preparar o desprazamento a Ferrol para xogar con ACD Recimil e finalizar a tempada.
Xogaron polo CB Grove "Turimares": Iván 5, Yuri 6, Lobo 9, Kampa 5, Luis 2, Germán 2 e Oscar 17.
O Cadete Femenino, CBG "Amalfi" gañou o seu partido comodamente ante o Dorna por 86-08. As grovenses foron moi superiores e nunca apretaron para castigar as xovenes xogadoras do Dorna.
Xogaron: Eva 18,Silvia,Mara 12,Ana,Alba,Sara 40,Olgui,Thais 2,María,Sariña 14,Aida e Paula.
O equipo Infantil Femenino perdeu ante o CB Arxil "B" por 27-54 en un partido xogado de poder a poder con gran defensa dos dous equipos, pero os numerosos fallos no pase (20 perdas de balón) das locais foron aproveitadas polas visitantes para acabar en rápidos contraataques.
Xogaron: Thais, Uxía, Vanessa, Mara 16, Ana1,Arantxa,María,Lúa,Irene,Sabela 2, Olguí 4 e Ainoa.
O Infantil MasculinoCBG "Turimares, segue firme hacia o Subcampionato e gañou o Estudiantes de Pontevedra por 49-30 en un partido moi intenso, onde os locais notaron a baixa de Alvaro, pero dominaron o encontro en todo momento e a falta de 3 partidos estan a un paso de acadar o segundo posto.
Xogaron: Rodrigo,Martín 15,Alberto 10,Xoan,Saúl,Lois 4, Alvaro, Raúl, Lucas 2, Brais 2, Xabi 16 e Noel.
O Alevín Femenino CBG "Amalfi" perdeu no seu desprazamento a Vilagarcía por 60-10. Nada que facer ante a superioridade local que dominaron o partido con unha gran defensa bloqueando as mellores xogadores grovenses, máis ainda así, nunca se rendiron.
Os equipos Benxamíns CB Grove e CB Grove Turimares, gañaron os dous encontros, os primeiros o CB Vilagarcía White por 64-13 e por CB Vilagarcía 04 por 46-58.
Estos equipos estan a realizar unha gran temporada a pesares de ter moitas veces baixas polo catecismo, pois case sempre xogan o domingo a mañan e non poden contar con todolos xogadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario