miércoles, 16 de abril de 2014

RESULTADOS XORNADA 12-12/abril/2014

Bó fin de semana para os nosos equipos: O equipo Infantil Femenino CB Grove "Amalfi" gañou por 16-47 no seu desprazamento a Vilagarcía o CBV Blanco. Comenzaron fora de sitio as grovenses na primeira parte, 6-17 o descanso, cometendo moitos erros nos pases e no tiro para mellorar na segunda onde lograron un parcial de 10-30, que realmente é a diferencia entre os dous equipos. A gran defensa foi clave na victoria.
CB Grove "Amalfi": Thais 6, Uxía 2, Mara 21, Ana 2, María, Arantxa 7, Irene 2, Vanessa, Sabela, Olgui, Paula e Tamara.
Marcadores: 5-9, 1-8, 2-9 e 8-21.
O equipo Infantil Masculino "CB Grove Turimares" proclamouse a falta de 2 partidos "SUBCAMPION" da Liga despois de gañar en un gran partido o terceiro clasificado por un claro 52-36. Os grovenses sabían perfectamente que tiñan que deixar todo na pista e así o fixeron na segunda parte tras unha primeira moi igualada, 29-25, onde os nervos xogaban  encontra dos nosos xogadores, tras o descanso sairon máis tranquilos e sabían que con parciencia e defendendo forte eran superiores, e así ocurreu, un parcial na segunda parte de 23-11 fixo que o adestrador Eric premiara a todolos xogadores participando de esta victoria e do Subcampionato.
CB GROVE "TURIMARES: Rodrigo, Walli 9, Alberto, Xoan, Samuel, Lois 2, Alvaro 25, Raúl, Lucas, Roi, Brais 2, Xabi 12 e Noel 2.
Marcadores: 18-14, 11-11, 11-6 e 12-5.
O Alevín Femenino CB Grove "Amalfi" perdeu na casa ante CB Dorna por 26-54 onde as grovense dominaron 4 cuartos pero foron inferiores en dous, onde os parciais foron moi favorables as visitantes.
CB GROVE AMALFI: Stephanny, Natalia, Uxía, Alejandra, Arantxa, Alba, Antía, Irene, Ainoa, Dafne, Nerea e Lucía.
Marcadores: 9-6, 1-13, 9-6, 6-4, 2-15 e 6-5.
O Alevín Masculino, CB Grove "Turimares" venceu no seu desprazamento a Ponteveda o CB Pontevedra por un claro 27-56, onde a superioridade grovense foi total en todolos cuartos baixando a súa intensidade na segunda parte tras acabar a primeira con 9-38 a favor dos grovenses.. Este é un equipo con moito futuro, pois son todos menos Noel de primeiro ano, ainda teñen moito tempo para mellorar.
CB GROVE TURIMARES: Pedro, Adrián, Noel, Lois, Alberto, Lucas, Xoan, P Caneda, Diego, Nacho, Jesús, Martín
Marcadores: 0-14, 1-13, 8-11, 7-9, 2-6 e 9-12.
O Alevín Masculino CB Grove Turimares gañou no Monte da Vila o CB Vilagarcía Pink por un claro 58-7, dominando o encontro dende o inicio. Estos xogadores fan un  baloncesto de equipo moi bó con un gran técnica individual onde destacan Nacho, Pedro, Adrián e P Caneda, ven axudados por Diego, Ivan, Xoel, Xabi, David, Mateo, Joaquín e Emilio.
Marcadores: 20-2, 11-0, 15-5, 4-0 e 8-0.
O Benxamín Mixto, CB Grove Amalfi perdeu no Monte da Vila ante o Colexio Abrente por 43-55, en un partido moi igualadado o xogar o CB Grove con moitos xogadores da Baby Escola tras chegar a un acordo co equipo contrario para ver un partido moi entretido, pois nos anteriores encontros os grovenses gañaron 61-10 no terceiro cuarto e 54-2 e aquí o interesante e que xogos e sexan igualados.Os grovenses notaron a falta do seu adestrador que estaba no outro encontro e foron dirixido por Walli que o fixo ben, pero ainda lle faltan tablas para adestrar, vai polo bo camiño.
Xogron: Lucía, Jose, Mathias, Stephanny, Nati, David, Alvaro, Nadia, Uxío, Xurxo, Manuel, Martín, Estebo, Breixo e Candela.
Marcadores: 10-2, 3-16, 3-6, 12-9, 8-10 e 7-12.





No hay comentarios:

Publicar un comentario