martes, 29 de abril de 2014

RESULTADOS XORNADA 26-27/Abril/2014

Boa xornada para os equipos do Clube Baloncesto O Grove.
SENIORS: CB GROVE TURIMARES  63 - CDR FERROL  68
Xogaron; Iván, Yuri, Fonti, Lobo, Jaco, Mauri e Oscar.
Marcadores: 20-13 e 38-29, descanso, 49-50 e 63-68, final.
Árbitros Srs. Vázquez e De la Puerta.
Derrota inxusta dos grovenses que unha vez máis tiñan moitas baixas, soio 7 xogadores e no quencemento lesionouse Mauri e no descanso tivo que abandonar Oscar, quedando con 5 xogadores soamente para afrontar toda a segunda parte.
O CB Grove Turimares dominou a primeira parte con vantaxes entre os 8 e 10 puntos para na segunda ter unha serie de complicacións que os levaron a derrota. Agora a esperar o desprazamento a Ferrol o domingo as 12h para rematar esta tempada tan atípica.
Este foi o último partido de Mauri tras 25 anos defendendo os colores do seu equipo de toda a vida, CB Grove o cal ñe prepara unha despedida como se merece. Grande "Peque", 
INFANTIL MASCULINO: CB GROVE TURIMARES  68 - SIGALTEC 2000  38.
Xogaron: Rodrigo, Walli, Alberto, Xoan, Samuel, Lois, Alvaro, Raúl, Lucas, Brais, Xabi e Noel.
Marcadores: 13-10 e 34-19, descanso, 54-25 e 68-38 final.
Árbitro Sr. Ferreiro.
Despedida do equipo Subcampión con unha nova victoria, soio duas derrotas en 26 partidos con un equipo completamente novo, onde a súa calidade impuxose a moitos equipos superiores fisícamente pero non tecnicamente. Iniciouse o partido cos xogadores menos habituais como premio o seu traballo durante todo o ano o cal foi moi igualado, 13-10, para no segundo dar entrada o equipo titular e o parcial foi de 41-15 nos seguintes dous cuartos, para volver o último cos do inicio e o parcial foi de 14-13.
INFANTIL FEMENINO: CB GROVE AMALFI  55 - O MECO T.A.  22
Xogaron: Thais, Uxía, Mara, Ana, María, Arantxa, Irene, Lúa, Vanessa, Sabela e Olgui.
Marcadores: 17-1 e 36-4, descanso, 43-11 e 55-22.
Árbitro Sr. Otero.
Victoria cómoda do CB Grove que no descanso xa tiña o partido controlado o gañar por 32 puntos, sendo superior o seu rival, o que fixo que o seu adestrador puxera en pista as xogadoras menos habituais na segunda parte e xogando o último cuarto co equipo Alevín.
ALEVIN MASCULINO: CB GROVE TURIMARES  38 - CB VILAGARCÍA ROSA  48
Xogaron: Pedro, Adrian, Alberto, Xoan, Nacho, Lois, Mateo, Pablo, Lucas, Jesús, Emilio e Noel.
Marcadores: 4-15, 5-7 e 10-11, (19-33 descanso) 6-3, 3-4 e 10-8, final 38-48.
Árbitro Sr. Escaríz.
Derrota dos grovenses nun partido moi igualado que pudo gañar calquera. 
ALEVÍN FEMENINO:  CB GROVE AMALFI  33 - CB ARXIL B  48.
Xogaron: Estephanny, Uxía, Natalia, Alba, Ainoa, Dafne, Arantxa, Irene, Nerea, Alejandra, Carla e Antía.
Marcadores: 5-2, 9-6 e 2-13, 16-21 descanso, 4-9, 8-14 e 5-4, final 33-48.
Árbitros Srs. Ferreiro e Rivas.
Derrota moi axustada das grovenses que de ter un pouco máis de acerto no tiro, houberan gañado o encontro ante un equipo moi dificil e moi peleón que se aproveitou da sua altura baixo os taboleiros a non pitar as zonas. Estamos contentos con este equipo que ten moito futuro.
BENXAMÍN MASCULINO: CB GROVE TURIMARES  74  -  MARIN PEIXE A  59
Xogaron: Pedro, Nacho, Adrián, Pablo, Diego, Iván, Xoel, Alvaro, Mateo, Lucas, Xabi e Jose.
Marcadores: 4-14, 21-9 e 10-9, descanso  35-32, 16-8, 21-10 e 12-11, final 74-59.
Árbitro Sr. Rey.
Victoria moi igualada ante un equipo moi correoso, o pior o comportamento de algúns pais do Peixe que lle faltaban o respecto, por non dicir outra cousa,  o Sr. colexiado, o que teñen que facer e disfrutar dos seus fillos e aplaudir os dous equipos.
BENXAMÍN MIXTO:  CB GROVE AMALFI  10  -  ESTUDIANTES PONTEVEDRA  37
Xogaron: Lucía, David, Bárbara, Jesús, Stephanny, Alba, Nati, Xoan, Nadia, Martín, Uxío e Mathias.
Marcadores: 2-8, 4-8 e 0-6, descanso 6-22, 2-2, 2-11 e 0-2, final 10-37.
Árbitro Sr. Otero.
Partido moi entretido entre dous equipos que fixeron desfrutar os seus pais coas suas canastras e xogo. Esto é o máis importante, ver os noso cativos disfrutar do Baloncesto..



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario