miércoles, 16 de abril de 2014

PRÓXIMOS PARTIDOS

O equipo Infantil Femenino foi convidado a xogar o Torneo que organiza o Seis do Nadal en Vigo o sábado día 19. Xogarn un triangular no Pavillón de Bouzas contra o equipo B do Seis do Nadal e o Eirexa de Nigrán. Confiamos en realizar un bo Torneo e deixar boa impresión nos partidos. Quremos agradecer o Seis do Nadal que nos convidaran novamente, eso significa que somos apreciados en outras Delegacións da Federación Galega para xogar partidos amigables.
As cadetes do CB Grove Amalfi, xogan o domingo 21 as 19h no Pavillón Monte da Vila ante o Arxil "B" o partido correspondente a Copa Primaveira que foi aprazado no seu día o non dispor de Pavillón o CB Grove por estar saturado de encontros. É un partido ante o segundo clasificado e tamén favorito a lograr o titulo de Campión, as grovenses teñen moito que perder por iso van sair a por todas, pois de gañar case seguro que seran as futuras campionas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario