miércoles, 29 de enero de 2014

RESULTADOS XORNADA 26-26/01/2014

Os equipos do Clube Baloncesto O Grove acadaron uns bós resultados este pasado fín de semana e nas derrotas realizaron bós partidos.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES  46 - CB OBRADOIRO 77.
Marcadores: 4-16 e 18-12 ( 22-28 descanso) 14-33 (36-61) e 10-16 (46-77 final)
Melloría do equipo Senior a pesares da derrota ante o Obradoiro, mal inicio no primeiro cuarto onde a falta de acerto de cara o aro fixo que os santiagueses se impuxeran por 12 ptos. No segundo os grovenses remontaron e dominaron o cuarto por 6 puntos chegando moi igualados o descanso.
O adestrador santiagués veu que eran superiores fisicamente e puxo moita altura e físico na pista e dominaron os rebotes tanto ofensivos como defensivos o que facía que anotaran facilmente, ademáis o cansanzo dos grovenses fixo mella. No último cuarto volveron a igualarse as forzas, 10-16 o ter que dar o último esforzo os xogadores do CB Grove e dispor por primeira vez de 9 xogadores no que vai de campionato. Estase a pagar a falta de adestramento.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI  51 - CB ARXIL  48
Marcadores: 10-12 e 14-16 ( 24-28 descanso) 12-6 ( 36-34) e 15-14 (51-48 final)
Victoria sofrida das xogadoras de Kampa que tiveron que esforzarse no inicio do terceiro cuarto para impoñerse a un equipo moi duro.Na primeira parte dominaron as pontevedresas con unha gran defensa e rápidos contraataquese así chegar o descanso dominando o marcador por 4 puntos. Tras o descanso apretaron as grovenses que dominaron o encontro ata o final e así acadar outra victoria que as mantén no segundo posto da tabla.
INFANTIL  FEMENINO:
CB ARXIL  84 - CB GROVE AMALFI  18
Marcadores: 28-6 e 12-2 ( 40-8 descanso) 22-4 ( 62-12) e 22-6 (84-18 final)
O pior partido das grovenses no que vai de campionato que foron amplamente superadas polo Arxil. O CBG Amalfi nunca foi capaz de superar a presión das pontevedresas, eso sí, axudadas por un pésimo arbitraxe, que non mideu os dous equipos po lo mesmo raseiro e non estar acostumadas a xogar en cancha moi reducida o que facilitaba a presión do Arxil.
A pesar da derrota, o CBG Amalfi segue nos postos altos da clasificación.
INFANTIL MASCULINO:
SIGALTEC 2000  29 - CB GROVE TURIMARES  62
Marcadores: 10-14 e 6-17 ( 16-31 descanso) 7-19 (23-50) e 4-12 (29-62 final)
Nova victoria do no seu desprazamento a Vilagarcía dos grovenses que seguen de colíderes na categoría e volven a ter a forma de antes do Nadal. O CBG Turimares no descanso xa tiña o partido resolto o ter unha vantaxe de 15 ptos. o que fixo que se movera moito o banquiño para que xogaran todos máis minutos.
ALEVÍN FEMENINO:
CB GROVE AMALFI  34 - CB DORNA  55
Marcadores: 2-13, 4-8 e 6-14 ( 12-35 descanso) 8-7, 8-9 e 6-4.
Derrota ante un equipo que aproveitou a súa altura e o non ser sancionados con zona tras unha primeira parte mala das grovenses qeu non estan acostumadas a xogar a media pista e que na segunda dominaron o marcador.
PREMINI MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  32 - MARIN PEIXE GALEGO "A" 28
Marcadores: 4-4, 1-5 e 4-6 (9-15 descanso) 10-4, 3-6 e 10-3 ( 32-28 final)
Partido moi bonito o presenciado no Pavillón de Conmeniño entre dous equipos que pelexaron pola victoria ata o final, sendo esta a favor dos grovenses que poido ser maior de non ter tantos erros baixo os taboleiros, xogaron moi ben en equipo tendo moi claro as ideas a hora de mover a bola.
PREMINI FEMENINO:
CB GROVE  AMALFI  14 - RIO ULLA  42
Marcadores: 0-12, 2-2 e 4-8 (6-20 descanso) 0-6, 2-8 e 6-6 (14-42 final)
A pesares da derrota o equipo mixto fixo un bó partido onde cada día sorprende máis os seus adestradores polo que avanzan na prendizaxe do baloncesto. Todos escomenzaron este ano e día a día xogan mellor o que fai que estemos moi contentos co seu desenrolo.
En resumo, foi un bó fin de semana pos equipos do CB Grove, confiamos en que no próximo acontezca o mesmo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario