Os equipos do Clube Baloncesto OGrove tiveron un bo fín de semana. O equipo Cadete Femenino CB Grove Amalfi gañou o CB Dorna por 66-24 no partido celebrado no Pavillón Monte da vila. As grovenses dominaron o encontro dende o inicio e no descanso xa gañaban 40-12 o que fixo que o seu adestrador, Kampa prepara a segunda parte como un adestramento, respetando sempre o contrario, e traballar diversas defensas e darñe minutos as Infantiles de ahí o parcial de 26-12 na segunda parte. Destacar a todo o equipo e na fase anotadora a Eva con 18 ptos. e Sara Torres con 21, ven secundadas por Mara, 13 e o resto do equipo na labor defensiva.
O equipo Infantil Femenino CB Grove Amalfi impuxoxe no Pavillón de Conmeniño por 71-7 o Meco que nada poido facer ante a superioridade do seu rival. No descanso as xogadoras de Manolo Campaña gañaban por 36-5 o que dou motivo a mover máis o banco na segunda parte dando máis minutos as xogadoras alevíns as cales dominaron a segunda parte 25-2. Destacar a Mara que anotou 34 ptos. así como os 14 ptos de Olgui e os 12 da alevín Arantxa, pero o máis importante foi a gran labor defensiva que deixou o seu rival en 7 ptos.
A xornada maratoniana do equipo Infantil Masculino, CB Grove Turimares, iniciouse o xoves en Pontevedra ante o Estudiantes o que gañaron por 31-64 no Pavillón da Xunqueira. O seu adestrador, Eric, moveu moito o banquiño o ter que xogar o día seguinte en Marín ante o Peixe "A", partido moi igualado e que gañaron os marinenses por un axustado 48-47 nos minutos finais o acusar o cansanzo do día anterior os grovenses que fallaron varias ocasións claras que non solían fallar, con esta derrota o CB Grove perde a súa invatibilidade. O Domingo no Monte da Vila, novo partido ante o Sigaltec 2001 o que gañaron por 87-39. No descanso xa dominaban por 41-22, doblando os vilagarcíans.
O Alevín Masculino, CB Grove Turimares, gañou na casa o Estudiantes de Pontevedra por 59-31 amosando a súa calidade e dominando o encontro dende o incio.
As Alevíns do equipo femenino CB Grove Amalfi, perderon ante o Marin Peixe Galego por 30-51, máis ainda así, fixeron un gran partido, e unha lástima a falta de horas para adestrar ben a este equipo, que tiña moito futuro, agora a esperar po la segunda fase onde van mellorar moito.
O Benxamín masculino, CB Grove Turimares, perdeu por 80-103 ante o BBC 2003 en un partido de ataque, un gran partido onde os grovenses notaron as faltas de varios xogadores por enfermedade.
O Alevín femenino, CB Grove Amalfi perdeu no seu desprazamento a Pontevedra ante o Estudiantes por un claro 36-16, pero a melloría dos grovenses foi moita, incluso foron felicitados polo adestrador local por ter os conceptos tan claros do xogo. A victoria local foi motivada pola superioridade física dos nenos sobre as nenas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario