Xornada regular dos equipos do Club Baloncesto O Grove. O equipo Senior CBG Turimares perdeu no seu desprazamento a Rivadavia anteo o Viña do Campo, equipo favorito a quedar campeón e que se reforzou con varios xogadores do Cruz Alta e Allaríz, sendo un equipo con moita profundidade de xogadores e de poderío físico.
VIÑA DO CAMPO 90: López, Fernández, Castro, Muñíz, Ginzo, Alvarez, Fernández P, Feijoo, Alvarez H, Seara, López B e Sequeiros.
CB GROVE TURIMARES 36: Iván, Fonti, Lobo, Mauri, Junior, Luís e Germán.
Árbitros Srs. Fernández e Vega, sinalaron 17 faltas os locais e 23 os visitantes, excluidos Lobo e Mauri.
Marcadores: 20-11 e 16-11 (descanso 36-22) 33-10 e 21-4.
Victoria cómoda dos ourensáns que se aproveitaron dos poucos efectivos que tiñan os grovenses, 7 xogadores, e que os poucos minutos de escomenzar o xogo, perdeu a Iván por lesión. o CGB Turimares mentres tivo forzas aguantou o encontro a pesares de algunas decisións arbitrais, 36-22, os locais anotaron 10 punts de tiros libres. Na segunda parte as persoais e o cansanzo afectaron os xogadores grovenses o que foi aproveitado po los xogadores locais o ter maior profundidade de banquiño e superar o CB Grove por 54-14.
Confiamos na recuperación de varios efectivos para os próximos encontros e a adaptación de Junior e así poder remontar. O equipo técnico ten moitas ilusións de cara os próximos encontros.
Pola sua parte, o equipo Infantil Masculino, CB Grove Turimares, gañou no seu desprazamento a Pontevedra para enfrentarse o Estudiantes.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA "B" 23: Veiga 6, Pérez, Díaz, Marquez 2, Solla 13, López, Andión e Casalderrey 2.
CB GROVE TURIMARES 94: Raúl, Walli 18, Lucas, Sergio, Rey, Noel 2, Alvaro 45,, Alberto, Brais 12, Xabi 7 e Lois 10.
Árbitros Srs. González e Rivadulla. Sinalaron 6 faltas os locais e 9 os visitantes.
Marcadores: 3-33 e 8-10 ( 11-43 descanso) 4-30 e 8-11 (23-94 final)
Victoria cómoda do CBG Turimares que o finalizar o primeiro cuarto xa tiña o partido encarrilado, 3-33, e de seguir co mesmo ritmo de xogo houbera pasado dos cen puntos, pero as rotacións de xogadores e o non seguer presionando fixo que o marcador non fose moito máis amplo.
O equipo Cadete Femenino, CB Grove Amalfi, non xogou, pero segue a ser o único equipo invicto da Liga e temos moitas posibilidades de acadar o Campionato.
O equipo Infantil Femenino, CB Grove Amalfi, inicia a Liga este fin de semana e os equipos Alevíns e Benxamíns do Club Baloncesto OGrove Turimares e Amalfi, escomenzan o fín se semana deo 16 e 17 próximos, onde esperamos que compitan dignamente, mimbres temos a pesares dos atrancos que nos poñen para poder adestrar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario