jueves, 7 de noviembre de 2013

PARTIDOS XORNADA 9-10/11/2013

Este venres non hai adestramentos o estar ocupado o Pavillón de Deportes polo Festival contra o Cancro e os partidos do fín de semana son os seguintes:
SENIOR MASCULINO::
AM VIGO - CB GROVE "TURIMARES".
Sábado día 9 ás 20.00h - PAVILLÓN DE BERBÉS
Tivemos que cambiar a orden do encontro o non garantirnos que quedaba livre o pavillón despois do festival. Confiamos en ter melloría a pesares das baixas que poidamos ter, Oscar por sanción de 4 encontros e Iván por lesión, esguince con desviación leve do peroné, que causará baixa por 15-20 días.
CADETE FEMENINO:
CB ARXIL "B" - CB GROVE "AMALFI"
Sábado día 9 ás 12h - PAVILLÓN DE MAXISTERIO PONTEVEDRA
Tamén tivemos que cambiar a orden do encontro o non haber horas suficientes para os equipos, tanto de baloncesto como de balonmán. O CB Grove, de conseguir a victoria, daría un paso moi importante de cara a quedar entre os dous primeiros e así xogar polo campionato, as xogadoras de M Kampa, levan tres partidos xogados e tres gañados.
INFANTIL FEMENINO:
CB GROVE "AMALFI" - CB VILAGARCÍA BLANCO
Domingo día  10 ás  10h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
Inicia a temporada contra un rival moi duro, un dos favoritos a quedar campión pero as xogadoras grovenses estan moi ilusionadas e teñen fe na victoria o mesmo co seu adestrador o cal espera realizar un bo campionato o igual ca temporada pasada que sendo un equipo moi xoven sen experiencia, acadou o terceiro posto e as semifinais da copa.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE "TURIMARES" - RIO ULLA
Domingo día 10 ás 12h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
O equipo de Eric ven de gañar en Pontevedra despois de realizar un gran partido e confia, o igual que os xogadores, en lograr unha nova victoria, estan traballando moi ben a pesares de ter varias baixas por lesión. O domingo ante un rival incomodo trataran de superar os cesureños.
Xa sabedes, o domingo a animar os nosos equipos.  ¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario