miércoles, 26 de junio de 2013

RESUMO TEMPORADA 2012/13

O Clube Baloncesto O Grove ven de rematar a Tempada 2012-13 con un balance positivo. Participou nas ligas que organizou a Federación Galega a nivel Provincial e Autonómico con oito equipos.
Os Seniors do CB Grove "Turimares" acadou o último posto da categoría pero fixo unha boa tempada, pudo se mellor, pero as numerosas baixas sofridas, ás fallas por estudos dos universitarios, fixo que perderan o ritmo e así moitos partidos pola mínina.
Os Juniors do CB  Grove Amalfi non deron todo o que tiñan e de ter un bo equipo con moitas posibilidades e acadar postos altos, acabaron nas últimas posicións.
O Infantil masculino CB Grove Turimars fixo un gran liga, acadando o cuarto posto e chegando as semifinais da Copa con un equipo moi inferior os rivais no aspeto físico, pero amosaron unha gran calidade e uns conceptos do xogo moi bós. A maioría seguen po ano e xa teñen máis experiencia.
As infantiles femininas do CB Grove Amalfi, tambén fixeron unha gran tempada, acadaron o terceiro posto na liga e chegaron as semifinais da Copa sendo un éxito o ser un equipo moi xoven, levan dous anos xuntas e apenas poden adestrar por  coincidir os horarios dos estudos cos adestramentos. Prantaron cara a equipos que adestran 3 e 4 días a semana e gañando a moitos que levan máis anos no mundo do baloncesto. Temos futuro tanto en Infantiles como en Cadetes o igual co masculino.
Os Alevíns masculino CB Grove Turimares fixo unha gran temporada acadando o terceiro posto da Liga e con 1 xogador na Preselección Galega. A maioría seguen po ano na mesma categoría e temos moitas ilusións depositadas en este equipo.
O Alevín Femenino, CB Grove Amalfi tamén realizou unha magnifica temporada pa levar un anos soio formado, impoñendose a equipas que levan máis tempo adestrando. Temos a unha xogadora tamén na Preselección da Galega.
Os Benxamíns mascuñlino, CB Grove Turimares, dominou a Liga dende o primeiro partido, acabando a Liga invicto tendo varios xogadores que xogaban tamén no equipo alevín. Temos a dous xogadores na Preselección Galega de cara a temporada próxima.
O Benxamín feminino, CB Grove Amalfi, tamén fixo unha gran temporada, acadando o segundo posto contra equipos mías veterans, é un equipo moi xoven pois seguen todas na mesam categóría para a próxima tempada.
Asís mesmo o Club Baloncesto O Grove participou nos Torneos Internacionais da Ponte da Lima, de Barcelos, Vilagarcía Basket Cup, no Torneo Cidade de Pontevedra, no Día Galego do Minibasquet de Santiago, no Día do Benxamín de Vigo, Seis do Nadal acadando uns bós resultados en todos os Torneos.
Agora a disfrutar das vacións e cargar as pilas para a próxima tempada. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario