miércoles, 26 de junio de 2013

INICIO DA LUDOTECA VRAN 2013

O próximo día 1 de Xullo o CB Grove-Abrollos en colaboración con AA.VV. "As Besadas" inician o XV Campamento "Érguete coas mañáns do CB Grove" ´durante os meses de Xullo, Agosto e principos de Septembro con horario de entrada ás 9.30 e saída ás 14.h.para nen@s de 4 a 80 anos.
Este ano temos como novidade que se poden elixir 2 ou tres días a semana a petición de varios pais, pois os fillos teñen outras actividades e así compaxinan as duas. Tamén poden elixir todo o mes, os dous meses ou 15 dias. As prazas xa están cubertas como todolos anos e as actividades son as de sempre con alguna novidade que sempre ten a organización como sorpresa para os participantes.
A diversión está garantida, praia, senderismo, manualidades, xogos populares, piscina, manualidades, teatro, etc. despois de un inverno estudando, chega o momento da diversión, de disfrutar e confiamos en que o tempo axude.

No hay comentarios:

Publicar un comentario