Este fín de semana os Seniors do CB Groe Turimares descansaron e o resto dos equipos tiveron unha de cal e outra de areea.
Os Juniors do CB Grove Amalfi xogaban na casa no Monte da Vila e perderon ante o Marín Peixe Galego por 49 a 88 despois de facer unha boa primeira parte, 27-31, pero o cansanzo, o ter numerosas baixas os locais, fixo que baixaran a intensidade tanto ofensiva como defensiva, o que foi aproveitado po los xogadores marinenses para dominar a segunda parte por un claro 22-52.
O Infantíl Masculino, CB Grove Amalfi perdeu no Pavillón Monte da Vila ante o Xuven, segundo clasificado, por un apretado 51-61, e estiveron a piques de gañar. Un mal inicio de primeiro cuarto, 12-21 fixo que xa non foran capaces de remontar o faltar varios xogadores por motivos de saúde, soio xogaron con 6 xogadores.
O Infantil Femenino, CB Grove Amalfi tamén se enfrentaba o Xuven, no Monte da Vila, que vai de primeiro na clasificación, perderon por un axustado 23-34 no pior partido da temporada. Xogaron unha primeira parte moi mala, onde soio anotaron 6 puntos, 6-20, para remontar no terceiro cuarto con un parcial de 9-0 e colocarse con un 15-20 e rematar con 8-14 no último cuarto que estivo a piques de gañar o líder.
O Alevín Masculino, CB Grove Amalfi gañou o segundo clasificado en Vilagarcía o Sigaltec BBC 2002 por un claro 39-53 amosando a súa superioridade o gañarñe os dous partidos, pero as sancións por xogar un encontro con 8 xogadores en Pontecesures e darlle o partido por perdido e sacarlle un punto da clasificación fai que se clasifiquen terceiros sen opcións de xogar os cruces.
O Alevín FemeninoCB Grove Amalfi perdeu no seu desprazamento a Pontevedra ante o Arxil C, segundo clasificado por un claro 63-23 o xogar con varias baixas e ter que levar benxamíns, máis asi mesmo fixeron un bo encontro amosando un gran melloría como certifica que gañaron 4 partidos seguidos na segunda volta.
O Benxamín Masculino, CB Grove Turimares proclamouse campión de grupo o vencer en Vilagarcía o CB Vilagarcía por un claro 17-91 o conquerír 13 victorias e 2 derrotas. Amosaron unha gran superioridade sobre os outros equipos os que case sempre gañaron por máis de 50 ptos.
Agora a esperar os cruces e despois a Copa Arousana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario