SENIOR: CB GROVE TURIMARES - VAL DE LEMOS
Sábado día 23 ás 16h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
Partido que os grovenses teñen que gañar para evitar o descenso de cateroría. O rival está por encima dos grovenses e no partido de ida gañaron con unha arbitraxe máis que dudosa.
INFANTIL FEMENINO: CB DORNA - CB GROVE AMALFISábado día 23 ás 12h - PAVILLÓN DA ILLA DE AROUSA.
Este partido fora aprazado no seu día. Confiamos na victoria das grovenses sempre que non cometan os erros dos últimos partidos. Saída ás 11h da Estación de Autobuses.
ALEVÍN MASCULINO: CB ESTRADA - CB GROVE AMALFI.
Sábado día 23 ás 11h - PAVILLÓN DA ESTRADA.
Último partido da liga que se aprazara no seu día, os grovenses son favoritos a victoria xa que na primeira volta gañaran por máis de 30 ptos. Saída ás 9.30h da Estación de Autobuses.
JUNIOR MASCULINO: CB GROVE AMALFI - ESTUDIANTES PONTEVEDA.
Domingo día 24 ás 12h - PAVILLÓN MONTE DA VILA.
Cuarto partido de Copa que xogan os grovenses onde xa poden contar con Iván que levaba un mes lesionado, máis ainda así, os grovenses seguen con baixas pero esperamos que fagan un bo partido e a ser posible acadar a victoria que tanto necesitan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario