miércoles, 31 de octubre de 2012

PARTIDOS XORNADA 3-4/11/2012

SENIOR:
AM VIGO - CB GROVE TURIMARES
Sábado día 3 as 18h - PAVILLÓN DO BERBES
Novo desprazamento dos grovenses a Vigo e novamente con moitas baixas ante un equipo que se ven amosando moi forte nas últimas xornadas con duas victorias consecutivas. Confiamos unha vez máis no bo facer do CB Grove para acadar a segunda victoria que os colocaría nos postos medios da clasificaciónl
JUNIOR:
CB ESTRADA - CB GROVE AMALFI
Sábado día 3 as 12h - PAVILLÓN DA ESTRADA
Desprazamento complicado do equipo grovense para poder acadar unha victoria. O equipo está tecnicamente preparado agora soio falta a implicación dos xogadores de creerse que poden gañar e para eso teñen que poñer actitude e xogar en equipo.
INFANTIL MASCULINO:
SIGALTEC BBC "P" - CB GROVE AMALFI
Sábado día 3 as 10h - PAVILLÓN FONTECARMOA 2
Os xogadores desprazanse a Vilagarcía coa finalidade de gañar o segundo encontro. Si saen coa mesma actitude da xornada anterior teñen moitas posibilidades de acadar a victoria.
INFANTIL FEMENINO:
MARIN PEIXE GALEGO - CB GROVE TURIMARES
Partido aprazado o ter o equipo de Marín unha xogadora na Selección Galega, non entendemos que por unha sola xogadora se aprace un partido en estas idades, pois son equipos de formación e o que queremos e xogar, xa andamos escasos de datas como para aprazar partidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario