JUNIOR:
CB GROVE "AMALFI" 59: Alex Uru 22,Martín 6,Fonti,Luís 12,Lobo 11, cinco inicial, Pablo, Sergio, Eloy 4, Iván 4 e Nimo.
XUVEN CAMBADOS 34: Abal,Busto 3,Quinzán 7,Lores 2 e Lema 14, cinco inicial, Fontán,Cal 4, Piñeiro,Pazos 2,Durán e Rodríguez 2.
Marcadores: 10-12 e 6-16 (16-28 descanso) 9-15 (25-43) e 9-16.
Árbitros Srs. Escaríz e Pesado. Sinalaron 16 faltas os locais do Xuven e 12 o CB Grove.
Nova victoria do CB Grove Amalfi no seu desprazamento a Cambados ante un equipo, que a pesares da diferencia, puxo frente os grovenses en todo momento, pelexando ata o final e non dandose nunca por perdidos.
O CB Grove Amalfi segue entre os primeiros postos da clasificación con tres partidos gañados e 1 perdido.
INFANTIL FEMENINO, ALEVÍN E BENXAMÍN:
Xogaron partidos amistosos en Pontevedra de cara a preparación da Liga, o que máis importaba era o equipo Infantil femenino que se enfrentou o Arxíl, un dos equipos grandes da Liga, e fixeronno moi ben, prantaron cara en todo momento i estan mellorando a pesares de que contaban con varias baixas e teñen 5 xogadoras Alevíns e 3 Infantiles que xogan por primeira vez o baloncesto.
Os Alevín e Benxamíns xa van collendo tamén o ritmo e confiamos que fagan unha boa temporada e demostren a calidade que teñan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario