martes, 11 de octubre de 2011

Resultados equipos CB OGrove 2011-12

SENIOR:

CB GROVE TURIMARES 72: Xurxo 10, Castro 10, Jacobo 4, Mauri e Oscar 20, cinco inicial, tamén xogaron Kampa 7,Jose, Alex Uru 21, Lobo, Luís, Carlos e Túñez.

O MECO 85: Prol 43,Franco 2,Prol,Mouriño 6 e García 14, cinco inicial, Padín 18,Rey,Serén, Iglesias e Torres 2.

Marcadores: 10-16 e 17-21 (27-37 descanso) 19-18 (46-55) e 39-17.

Árbitros Srs. Baena C e Rivadulla L. Sinalaron 25 faltas os locais excluindo a Franco, e 39 faltas o CB Grove excluindo a Xurxo,Jacobo,Mauri,Alex e Oscar, así como o adestrador M Campaña por acumulación de técnicas. O Meco anotou 40 tiros de 56 lanzados e o Grove 21 de 29.

Gran partido o xogado no Monte da Vila ante unhas 300 persoas, o CB Grove, equipo visitante nesta ocasión dominou o encontro durante 35 minutos con vantaxes de 10-15 puntos, pero os Srs. colexiados encargaronse de estragalo todo, cargando os grovenses con persoales continuamente, e así os 2-3 minutos de cada cuarto xa tiñan bandeira e os mecos ata falta de 2-3 minutos de acabar os cuarto, non a tiñan, de ahí a gran diferencia nos tiros libres:56 do Meco contra os 29 do Grove.

Do control do partido amosa que nos dous primeiros cuartos o Meco soio anotou 4 canastras en xogo, o resto dos puntos foron de tiros libres, cada vez que o CBG Turimares se iba no marcador aparecían os señores colexiados pra sacar faltas inexistentes ou técnicas por levantarse o banco a celebrar unha canastra ou o adestrador por preguntarñe porque as pitaba, sempre sen faltarñes o respeto, ou ameazando os xogadores con técnicas por simular, mentras o Meco se ñes permitia todo.

Os xogadores do CB Grove "Turimares" están contentos co partido realizado no seu debú na Categoría dando a cara en todo momento e iso que apenas adestraron por motivos de traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario