jueves, 22 de marzo de 2018

RESULTADOS EQUIPOS BASE: MINIS E PREMINIS

MINI  FEMENINO:
CB ARXIL "C" 37 - CB GROVE  "AMALFI"  47
Victoria en un campo sempre dificil. As nosas xogadoras impuxeron o seu ritmo dende o inicio e foron supeiores as locais que no último cuarto intentaron todo para lograr a victoria, pero non puderon co orden e saber facer do noso equipo.
CB  GROVE "AMALFI" 72 - CB ARXIL "B" 22
Nova victoria de un equipo que está en franca melloría, o equipo rival solo opuxo ilusión ante un equipo moi superior. Estamos no bo camiño equipo.
CB GROVE " AMALFI" 50 - O MECO  0.
O non presentar todalas licencias que esixe o regulamento, dase por perdido o encontro por 50-0, o partido así mesmo finalizou igualmente con victoria do noso equipo.
MINI  MASCULINO:
CB GROVE "DABYZ SOFT" 44 - O MECO  54.
Derrota moi axustada dos nosos xogadores nun partido moi igualado que se resolveu no último cuarto, 2-11, pero o partido realizado polo noso equipo foi moi bo pois a mayoría son preminis. Bravo chavales.
CB DORNA  58 - CB GROVE "DABYZ SOFT" 67
Gran partido o presenciado na Illa onde o CB Grove dominou o encontro dende o primeiro cuarto. Bo xogo de equipo, calidade, fundamentos e técnica, son a nosa base, formado case todo por xogadores preminis.
BOA VILA BASQUET  15 - CB GROVE "DABYZ SOFT"  65
Superioridade ante un equipo moi novo. Pouco que explicar o haber tanta diferencia. Procuramos mellorar o xogo en equipo coas novas incorporacións.
PREMINI MASCULINO:
CB GROVE "TURIMARES" 55 - SIGALTEC "B" 46
Nova victoria do equipo que está a realizar unha gran temporada ante equipos moi superiores fisicamente.
CB GROVE "TURIMARES" 79 - CB ARXIL "A" 36
Os nosos xogadores estan amosando unha melloría moi grande partido a partido realizando un xogo mo bó.
CB GROVE "TURIMARES" 50 - XUVEN AMARILLO 30.
Seguimos facendo uns grandes partidos onde equipo xoga case de memoria, todos se coñecen e son solidarios uns cos outros. Moi ben equipo.
PREMINI MASCULINO:
MARIN PEIXE GALEGO  84 - CB GROVE TAPERÍA ALDARA 41.
O equipo da Baby Escola está realizando unha gran temporada, estan xogando contra equipos superiores fisicamente que é o que lles da a victoria, pero os nosos xogan cada día moito mellor, son o futuro.
CB GROVE "TAPERÍA ALDARA" 21 - CAB PONTEVEDRA 73.
Unha vez máis, a superioridade física imponse a calidade, os Babys pelexan e amosan calidade ante a superioridade física dos contrarios, dous e tres anos de diferencia notanse moito nestas idades.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario