jueves, 15 de marzo de 2018

NOVAS DO CB GROVE


Boas a todos os socios, xogador@s, siareiros, despois de estar bastante tempo parado por estar moi ocupados, volvemos a normalidade.
Os equipos cadete femenino, CB Grove Amalfi, despois de un comenzo dubitativo o ter novas xogadoras, e non ser respetado polas lesións, está a realizar un bó campionato e cumplinto os obxetivos marcados o incio da temporada polo adestrador.
O cadete masculino, CB Grove Turimares, está no terceiro lugar da clasificación con moitas opcións de chegar os primeiros postos, obxetivo que supera o marcado polos adestradores o inicio da temporada, pois son todos de primeiro ano. Estan facendo os xogadores unha gran temporada.
O infantil masculino, CB Grove Turimares, tamén está a realizar unha gran temporada a pesares de contar con unha plantilla moi curta e con tres novas incorporacións, perderonse  partidos moi igualados que se podían gañar de ter arbitraxes máis correctos. Aportan moito o equipo Cadete.
O mini femenino, CB Grove Amalfi, está a facer uha temporada moi irregular que non cumpre as espectativas dos seus adestradores, a falta de adestramentos, o abandono de varias xogadoras por non saber o que é compromiso, responsabilidade hacia uns compañeiros e un clube por parte de xogadores e pais, está perxudicando é moito o paso pola competición. O bo de iso é que estamos fogueando as premini.
O mini mixto, CB Grove Dabyz Soft, está cumprindo coa sua labor de crecer e de axudar os preminis de cara a próxima tempada. Non temos queixa da súa actitude nos partidos.
O premini CB Grove Turiames está a realizar un gran campionato, a súa calidade está sendo valorada polos outros equipos que felicitan os seus adestradores polo ben que xogan, dous xogadores, David e Sandra estan nas concentracións da FGB, creemos honestamente que podía haber un par de xogadores máis, pero por diversos motivos non están, confiamos que para o próximo ano den un salto de calidade.
O premini CB Grove T Aldara é o viveiro, onde os seus xogador@as estan competindo como verdadeiros campións contra equipos moito máis fortes fisicamente pola diferencia de idade, temos catro xogadores dos anos 2010 e 11, 2-3 anos que se notan moito, pero melloran partido a partido e compiten varios co equipo mini.
Decir que tivemos, un ano máis, a fortuna de acertar na Lotería do Nadal e na de Reis, con dúas pedreas que nos fixeron pasar un Nadal máis alegre e deixa na caixa do Clube uns cartiños que nos veñen moi ben para os compromisos que temos a partir de ahora cos torneos de Vilagarcía, Vigo, Santiago, Ourense e sobre todo no norte de Portugal: Leça de Palmira, Barcelos, Ponte da Lima e Maia, onde os nosos equipos de mini e premini son moi ben considerados, así como os infantiles e cadetes.
Seguiremos informando semana a semana a partires de agora.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario