viernes, 5 de mayo de 2017

TORNEO FESTA DAS CRUCES - BARCELOS

O Clube Baloncesto O Grove participou na XXIII edición Torneo Festa das Cruces un ano máis cos equipos Mini Femenino, CB Grove Amalfi e o Premini Masculino, CB Grove DabyzSoft, onde eramos os equipos máis novos. As Minis fixeron un gran Torneo, un equipo recien formado que compite dando a cara en todo momento, sen amedrantarse ante os equipos máis preparados e que gañaban por físico pero non en fundamentos, xogo de equipo e técnica. 
O equipo Premini Masculino, CB Grove DabyzSoft, compiteu contra equipos Mini, onde a superiordade física, 11-12 anos contra 8-9 e 10, era moi grande pero non na calidade nin no xogo de equipo, solo a agresividade en algúns partidos nos privou da victoria, xogamos contra equipos que nos dobraban en físico, pero a competitividade do equipo quedou manifesta na reunión que tiveron os adestradores onde fumos felicitados pola forma de xogar en equipo, fundamentos e saber defender sen ser agresivos, esto para o CB Grove é un orgullo, que se reconozca a nosa forma de traballar e de competir.
Despois tivemos a parte da diversión, disfrutaron en compañía dos familiares das atraccións que hai na festa, onde todos participaron de dúas noites moi divertidas. Dende a Directiva, queremos agradecer o apio dos pais e nais sin os cales non sería posible poder participar. Grazas a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario