miércoles, 31 de mayo de 2017

RESULTADOS CB GROVE

Solucionados os problemas técnicos, xa podemos dispor da páxina para publicar as novas do CB Grove.
CADETE FEMENINO:
Remataou a Categoría Cadete Femenina onde o equipo CB Grove Amalfi fixo dous grandes partidos ante os primeiros clasificados da Liga, Giraldo CBV e CB Arxil C. ante o primeiro perdeu na casa por un axustado 44-46 onde sempre dominaron o marcador ata os últimos minutos, onde o cansanzo fixo a súa aparición e a falta de 2 minutos gañaban por 42-35 e os fallos en situacións fáciles con perdas de balón fixo que o Giraldo se fixera coa victoria final. 
CB GROVE AMALFI  44 - GIRALDO CB V  46.
Xogaron: Uxía 4, Olgui 4, Antía 13,Natalia,Arantxa 15  Ari e Irene 8.
Marcadores: 13-14 e 28-27, descanso, 38-32 e 44-46, Final.
No partido celebrado en Pontevedra no Pavillón de Maxisterio, o CB Grove Amalfi perdeu o seu último partido despois de unha pròrroga e marcado polas numerosas faltas que nos pitaron, xogando con tres os últimos catro minutos da pròrroga e os do partido con catro xogadoras, e ainda así, tivemos o partido gañado ata falta de 6 segundos que nos empataron con dous  tiros libres tras unha falta inexistente pois foi un roubo de balón perfecto que nos daba a victoria. Podemos estar oggullosos das nosas "Gherrilleiras".
CB ARXIL  40 - CB GROVE AMALFI 35. 
Xogaron: Uxía 7, Olgui 2, antía 14, Natalia, Arantxa 11 e Irene.
Marcadores: 7-12 e 13-15, descanso, 22-25 e 29-29. Prórroga: 11-6. Final 40-35.
Partido para gravar e por como exemplo de entrega, sacrificio, defensa e equipo ante as adversidades. Non se mereceu perder pero o deporte e así de inxusto moitas veces. O equipo foi felicitado polo Arxil, equipo que quedou campión da Copa pero que non foi superior a nós en ningún momento, soio cando eran 5 contra tres na prórroga. Foi una vaga que estas xogadoras non adestrasen todo o ano e non o tomaran en serio , pois serían un gran equipo.
INFANTIL MASCULINO:
Sigue o equipo CB Grove Turimares dandonos moitas alegrías ainda que no último partido perderon un partido que tiñan controlado ante o outro favorito a quedar primeiro de grupo por un axustado 75-78, perdendo asi o basketaverage, xa que en Vigo gañara o CB Grove por dous.
CB GROVE TURIMARES 75 - SALESIANOS GLP ABOGADOS  78.
Xogaron: Adrian, Alberto 9, Xoan 27, Lois 27, Guille, Lucas 4, Pablo 8, Raúl e Isai.
Marcadores: 22-18 e 41-30, descanso, 57-54 e 75-78 Final.
Perdeuse a imbatibilidade despois de 22 partidos no momento máis inoportuno, pois esta derrota pode privarnos de xogar a final, agora dempendemos do Salesianos de que perda un partido e nós gañar os dous que faltan. De lograr a victoria xa estaban clasificados matemañticamente para a final, pois deixaba o segundo con dúas derrotas, o Salesianos e a tres o resto a falta de dous partidos. Agora toca gañar na casa este sábado ante o Carmelitas, equipo duro e despois en Santiago o Rosalia.
CB GROVE TURIMARES 68 - ROSALÍA DE CASTRO 52.
Xogaron: Adrian, Alberto 14, Xavi, Xoan 10, Lois 24, Guille 6, Lucas 12, Pablo 2, Raúl e Isai.
Marcadores: 16-9 e 38-18, descanso, 50-32 e 68-52 final. 
Victoria no último partido da primeira volta que coloca o CB Grove de primeiro na liga da fase de ascenso, foi un partido completo do equipo que chegou a ter vantaxes de 30 puntos que cos cambios o dar minutos os xogadores menos habituais, fixo que se acercaran no marcador os visitantes.
CARMELITAS ACEITES ABRIL OURENSE  56 - CB GROVE TURIMARS 64.
Xogaron: Adrian, Alberto 3, Xoan 4, Lois 42, Guille 3, Lucas 7, Pablo 5, Raúl e Isai.
Marcadores: 17-11 e 30-27, 44-45 e 56-64. Final.
Gran victoria en Ourense ante un equipo dificil que se logrou tras unha gran segunda parte dos nosos xogadores que o deron tedo para seguir invictos e liderar a clasificación dando un paiño máis hacia ese obxetivo que é xogar a fase final da fase de ascenso. Temos que estar orgullosos da entrega do equipo que nunca se rindeu e pelexou pola victoria ata o final. Grandes chavales.
PREMINI MASCULINO:
ESTRUGASA RIO ULLA MIXTO  24 - CB GROVE DABYZ SOFT  51.
Xogaron: Iago, David 14, Mauro 19, Matías 4, Nasir, Daniel B 8, Daniel C, Niko 4, Anxo e Brais.
Marcadores: 0-14, 3-14, 5-5, 4-0, 7-10 e 3-8. Final: 24-51.
Rematou a Liga con unha nova victoria do e2uipo, cicais un dos mellores da competición que por problemas alleos o xogo, non pudo disputar a fase final, pois o faltar varios xogadores en varios partidos que se gañaron deronse por perdidos e relegounos os postos medios da taboa, cando tiñamos potencila de sobra para xogar cos mellores.
Grazas por estar ahí rapaces, por vir adestrar, por amosar a vosa calidade e pertencer a un clube, o CB Grove que ten por bandeira que o "Deporte e Amizade". Agora a polos torneos.
PREMINI FEMENINO:
CB GROVE TAPERÍA ALDARA  26 - SIGALTEC 76ERS 40.
Xogaron: Cayetana 14, Sofía, Jimena 2, Mar, Claudia 2, Zaira, Xiana 2 e Sabela 6.
Marcadores: 8-6, 8-6, 0-8, 2-8, 4-8 e 4-4. Final: 26-40.
Rematou a Liga tamén nesta categoría onde as nosas xogadoras competiron dignamente, facendo grandes partidos, amosando unha calidade moi boa pois traballan moi ben nos adestramentos e puderon estar tamén o igual que os seus compañeiros nos postos altos da competición, pero tamén a falta de xogadoras nos partidos, privounos de victorias, pero o camiño esta encauzado e son moi novas con moita proyección que nos daran moitas alegrías. Grazas a todas.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario