lunes, 24 de abril de 2017

RESULTADOS XORNADA 22-23/Abril/2017.

Fin de semana completo de victorias, as cadetes do CB Grove "Amalfi" gañaron na Illa de Arousa o CB Dorna 31-58 despois de realizar un gran partido, onde de ter un pouco máis de acerto, a diferencia sería moito maior. Gran partido o realizado polas nosas "gherrillerias" que con defensas alternativas e moi intensas, anularon o ataque local que soio no segundo cuarto, aproveitaron o cansanzo das nosas xogadoras, fumos con 6,  unha lesionada que lles daba descansos curtos as compañeiras. Estase a notar que levan adestrando todas xuntas últimamente e eso notase no campo.
O premini masculino do CB Grove "DabyzSoft", gañou na casa o Sigaltec Dream femenino 58-25. Dominanos o encontro dende o inicio dando moitos minutos os xogadores que menos xogan primando o seu traballo durante toda a Temporada. Estos jabatos cada día fanno mellor.
As "pitufinhas gherrilleiras" do CB Grove "Tapería Aldara", gañron os dous partidos xogados, o primeiro o sábado no Monte da Vila Vello o Sigaltec Sparks femenino por un claro 65-20, moita superioridade sen intentar presionar, soio nos momentos en que o equipo contrario tamén o facía, para igualar a intensidade, moitos minutos xogados polas que emperzaron en Novembro para que se vaian formando de cara a próximas temporas.
O domingo chegou a segunda victoria ante o CB Dorna masculino na Illa de Arousa por 12-54, enfrente un equipo que nunca se dou por vencido, pero a calidade das nosas xogadoras foi suficiente para xogar todas e non intentar un marcador máis amplo, senon, xogar e deixar xogar para que todos poidan disfrutar, estivemos xogando para que Xiana, Zaira e Patri meteran canasta, pois son as máis novas e necesitan confianza. Estos son os datos dos encontros:
CADETE FEMENINO:
CB DORNA  31 - CB GROVE "AMALFI"  58. Xogaron: Uxía, Olgui 4, Antía 30, Arantxa 17, Irene e Ari, faltaron Natalia, Yara, Salma, Hiba e Nati, lesionadas.
Marcadores: 4-12 e 18-26, descanso, 25-39 e 31-58, final.
Árbitros Srs.: Escaríz e Cores. Ben.
Primeira victoria na Copa que esperamos que non sexa a última. O millor partido tras o parón onde destacar toda a labor do equipo defensivo, espectaculares, e o poder anotador de Antía, 30ptos, que xa despertou esa calidade que ten, ben secundada por Arantxa, 17ptos., Estamos de volta as "gherrilleiras".
PREMINI MASCULINO:
CB GROVE "DABYZ SOFT" 58 - SIGALTEC DREAM F. 25. Xogaron: David 16, Mauro 14, Raúl 16, Matías 2, Daniel B 6, Niko 2, Daniel C e Nassir 2.
Árbitro Sr. Rey, N. Ben.
Marcadores: 14,2, 28-9, 38-9, descanso, 48-18, 54-25 e 58-25, final.
Gran partido dos "jabatos" que ten un bó equipo, moi xoven todo él, pois son case todos dos anos 2008-9 e soi un do 2007, o que nos garantiza uns anos na categoría realizando moi bós partidos. Este equipo ten moito futuro e coas incorporacións de este mes que xa fan os seus pinitos nos torneos, moito máis.
PREMINI FEMENINO(Dobre Xornada):
CB GROVE "TAPERÍA ALDARA" 65 - SIGALTEC SPARKS 20. Xogaron: Cayetana 4, Sandra 34, Jimena, Sabela 6, Patricia, Marta, Claudia 15, Zaira, Xiana e Sofía.
Árbitro Sr. Rey, N. Ben.
Marcadores: 23-0, 0-12, 29-14, descanso, 45-14, 51-16 e 65-20, final.
Gran partido das "pitufinhas gherrilleiras" que e un pracer velas xogar, fanno disfrutar todolos fins de semana co seu xogo, amosando unha melloría en cada partido, e iso que sempre respetamos o rival, sen intentar marcadores por k.o. e deixando xogar. Grazas rapazas.
CB DORNA MASCULINO 12-CB GROVE "TAPERÍA ALDARA" 54.Xogaron:Cayetana 14,Sandra 22 Jimena 6, Patricia, Marta 8, Sofía 2, Zaira, Xiana e Claudia 2.
Árbitro: CB Dorna.
Marcadores: 0-22, 0-32, 6-38, descanso, 10-40, 10-50 e 12-54, final.
Outro gran partido das "pitufinhas" que non teñen calificativos para o seu xogo, notase o gran traballo que está a facer o seu adestrador, M "Kampa" durante a semana, que despois executan as mil maravillas na pista, amosando unha gran calidade, sen abusar do contrario e intentando xogar en equipo, todas para todas, onde destaca Sandra, demasiado madura para a idade que ten, e ainda lle quedan dous anos máis na categoría onde coas novas incorporacións temos o futuro máis que garantido. Grazas rapazas e seguir traballando así de ben.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario