lunes, 27 de marzo de 2017

RESULTADOS XORNADA 25-26/Marzo/2017

Este fin de semana tivemos moi bós resultados. O equipo Infantil CB Grove "Turimares" gañou o seu partido ante o Marin Peixe Galego por 53-30, nun partido que empezamos dubitativos en ataque pero que pouco a pouco foron entonandose, logrado así a decimoquinta victoria consecutiva e seguir invictos. Solo restan dous partidos para acadar o obxetivo marcado o inicio da Temporada, o Campionato.
O Mini femenino, CB Grove "Amalfi", perdeu en Pontevedra ante o CAB 2005, xogadoras con un ano máis  e moito máis altas e fortes fisicamente, onde a falta de acerto no tiro, non reflexa o gran partido realizado polo equipo. 38-10 foi o resultado final.
As Premini do CB Grove "Tapería Aldara" perdeu no seu desprazamento a Cambados ante o Xuven Masculino por 62-33, non foron mellores tecnicamente, pero competir nenos marca a diferencia o aspeto físico, máis altos, máis rapidos, pero tecnicamente non foron mellores.
O Premini Masculino, CB Grove "Turimares", logrou duas novas victorias no dobre compromiso ante o Sigaltec. O venres gañaron no Pavillón Novo Monte da Vila o Sigaltec NICKS por 63-42 e o sábado en Vilagarcía o CLB Sigaltec Dream por 31-52. Estamos no bó camiñol
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE "TURIMARES" 53 - MARIN PG 2003  30. Xogaron: Adrián, Alberto 7, Xavi, Xoan 14, Lois 13, Guille 4, Lucas 6, Pablo 5, Raúl 4 e Isai.
Marcadores: 10-7 e 12-6, descanso 22-13, 16-6 e 15-11. Final: 53-30.
Árbitros Srs. Vilas e Míguez.
Nova victoria e van 15 e estamos a falta de duas para proclamarnos campións, que si todo transcorre normal, o último partido sera o decisivo o próximo día 8 de abril.
MINI FEMENINO:
CAB 2005  38 - CB GROVE "AMALFI" 10. Xogaron: Noa, Lucía B 4, Cayetana, Julia 4, María D, Clara, Sandra 2 e Claudia B.
Marcadores: 8-2, 8-4, 18-8, 20-8, 30-8 e 38-10.
Árbitro Sr. Rivadulla.
Partido que o marcador non reflexa o gran traballo realizado polas nosas xogadoras, que de ter máis acerto no tiro, o resultado nos sería favorable. O CAB era moi superior fisicamente, teñen un ano máis, pero no xogo non nos superaron, e creo que fumos mellores en todolos conceptos. Bravo rapazas.
PREMINI FEMENINO:
XUVEN MASCULINO  62 - CB GROVE "TAPERÍA ALDARA"  33. Xogaron: Cayetana, Sandra, Mar, Marta, Sofía, Clañudia, Zaira e Jimena.
Marcadores: 13-4, 19-14, 31-18, descanso, 43-23, 45-27 e 62-33. Final.
O xogar contra nenos máis fortes, marca a diferencia, pero as nosas pitufiñas gherrilleiras deron a talla e prantaron cara en todo momento. Temos un camiño ainda moi largo para mellorar e estan no bó camiño.
PREMINI MASCULINO:
CB GROVE "TURIMARES"  63 - CLB SIGALTEC NICKS 42. Xogaron: Anxo, David 31, Mauro 4, Raúl 18, Matías, Daniel B 2, Niko 8, Daniel C e Nasir.
Marcadores: 24-5, 24-14, 33-18, descanso, 41-25, 49-37 e 63-42. Final.
Bonito partido o presenciado no Novo pavillón Monte da Vila, onde as novas incorporacións xa se van adaptando o equipo e cada día xogan mellor.
CLB SIGALTEC DREAM  31 - CB GROVE "TURIMARES" 52. Xogaron: David 23, Matías 2, Raúl 6, Nasir 4, Daniel C, Mauro 13 e Daniel B 4.
Marcadores; 9-13, 12-19, 16-22, descanso, 16-36, 20-50 e 31-52. Final.
Nova victoria no dobre enfrentamento ante o CLB no último partido da 5ª fase. Este equipo fixo unha gran temporada e seguira facendo. Agora tendremos que estudar si volvemos a entrar en outra fase ou preparamos os Torneos con descanso cada 15 días.
Grazas equipos por facernos disfrutar cada fin de semana do Baloncesto.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario