jueves, 26 de enero de 2017

RESULTADOS XORNADA 21-22/Xaneiro/2017

Outro bó fin de semana para os equipos do Clube Baloncesto OGrove. Tres victorias e dúas derrotas ante dous bós equipos. O Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" perdeu en Vilagarcía ante o líder invicto, Giraldo CBV, nos últimos minutos do partido.
Derrota basada no baixón do fondo físico, o ter poucos recambios por baixas por enfermidade, o que motivou moitas perdas de balón que foron aproveitadas polas locais para anotar en transicións fáciles. Ainda así, temos que estar moi orgullosos das xogadoras, pois fixeron un gran partido.
GIRALDO CBV 55 - CB GROVE "AMALFI" 41. Xogaron: Uxía 7, Arantxa 18, Olgui, Antía 9, Natalia 2, Irene e Ari 5.
Marcadores: 14-14 e 7-9, descanso 21-23, 14-9 (35-32) e 20-9 (55-41 final) 
O equipo Infantil Masculino, CB Grove "Turimares" segue dominando os partidos con claridade e cada día estanno facendo millor, gañaron na casa o Sigaltec "R" por un claro 68 - 17, pechando o acta o inicio do último cuarto. Este equipo esta collendo a forma de cara a fase final. Destacar a Lois con 40 ptos e os minutos que teñen Xavi e Raúl para ir collendo a forma.
CB GROVE "TURIMARES"  68 - SIGALTEC "R" 17. Xogaron: Adrián 2, Alberto 4, Xavi, Xoan 19, Raúl, Lois 40, Guille 2, Lucas 4, Pablo 5 e Jesús.
Marcadores: 17-3 e 25-6, descanso 42-9, 20-8 (62-17) e 6-0 (68-17 final).
A outra derrota foi na casa, o equipo Mini Femenino, CB Grove " Pan de Millo", a pesares de facer un bó partido, perdeu ante o Xuven de Cambados por 22-36. As nosas xogadoras acusan o pouco tempo que levan xogando xuntas, pois son case todas iniciadas no mundo do basquet este ano e estamos traballando de cara a próxima tempada e podemos estar orgullosos do seu traballo.
CB GROVE "PAN DE MILLO" 22 - XUVEN 36. Xogaron: Lucía, Julia, Noa, Claudia, Luci, Lía, Clara, Andrea, María U, María D, Zaira, Afrika e Sandra.
Marcadores: 2-7, 4-15 e 8-4, descanso 14-26, 0-3, 2-5 e 6-2. Final 22-36.
O premini femenino, CB Grove "Tapería Aldara", gañou no seu desprazamento a Vilagarcía, o Giraldo CBV por un axustado 31-32, marcador que non reflexa o gran partido feito polas nosas xogadoras. Este equipo esta a amosar unha gran calidade e a súa mellora estase a ver partido tras partido ante equipos que adestran moito máis ca nós e levan máis tempo no mundo do baloncesto, despois tamén saímos con desvantaxe, pois O CB Grove leva a todas as xogadoras dispoñibles, entre 10 e 13, ante equipos que levan soio 7 e así sempre manteñen un nivel de xogo máis igualado, e o contrario, nós damos moitos minutos a todos.
GIRALDO CBV 31 - CB GROVE "TAPERÍA ALDARA" 32. Xogaron: Sandra, Claudia A, Marta, Mar, Cayetana, Sabela, Jimena, Sofía, Xiana, Icía e Zaira.
O Premini Masculino segue a dominar os seus rivais con un gran xogo e calidade a pesares de ter un equipo moi novo. O CB Grove "Turimares" gañou na casa claramente, 52-23, o Xuven. Partidos onde tamén influie o xogar nenos contra nenas. A diferencia física notase as veces moito.
CB GROVE "TURIMARES" 52 - XUVEN 23. Xogaron: David, Raúl, Mauro, Daniel C, Daniel B, Iago, Niko, Brais e Alex.
Marcadores: 8-0, 1-3 e 9-8, descanso 18-11, 13-3, 12-5 e 9-4. Final 52-23.
Podemos ostar orgullosos dos nosos equipos, pois cada fin de semana nos fan disfrutar do xogo do baloncesto cos seus progresos que partido a partido nos van amosando sen preocuparnos tanto polo resultado, senón pola forma de xogar. Grandes tod@s.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario