lunes, 28 de noviembre de 2016

RESULTADOS XORNADA 26-27/Novembro/2016

Este foi outro bon fin de semana para os equipos do CB Grove, non soio polas victorias, senón tamén polas derrotas onde se compiteu en todo momento, con calidade, intensidade e xogo en equipo o que amosa que estamos no camiño adecuado de cara o obxetivo final marcado o inicio da temporada o ser equipos moi xovenes e que non é que teñan os conceptos de equipo moi claros.
CADETE FEMENINO:
ESTRUGASA RIO ULLA  29 - CB GROVE AMALFI  58. Xogaron: Stefi, Uxía 7, Arantxa 27, Olgui 4, Antía 10, Salma, Ari 4, Thais, Irene 4 e Natalia.
Arbitro Sr. Ferreiro. 10 faltas as locais e 20 o CB Grove.
Marcadores: 9-16 e 5-17, descanso 14-33, 7-15 (21-48) e 8-10. Final 29-58.
Partido dominado dende o primeiro cuarto ante o terceiro clasificado da Liga gañando en Pontecesures, onde a melloría que amosaron ante o lider a pasada semana veuse reflexada neste partido. As grovenses veñen con unha progresión que nos vai levar o obxetivo final marcado polos seus adestradores. As xogadoras deronse conta que con traballo e esforzo alacanzanse as metas. A pena é non poder contar con todalas xogadoras, temos 4 baixas para bastante tempo.
INFANTIL MASCULINO:
MARIN PEIXE GALEGO 48 -CB GROVE TURIMARES 68.Xogaron:Alberto 12,Xavi,Xoan 8, Lois 32, Guille 8, Lucas 6, Pablo 2 e Raúl.
Árbitro Sr. Rivadulla L.A. 
Marcadores: 11-13 e 4-20, descanso 15-33, 15-22 (28-55) e 18-13. Final: 48-68.
Enfrentabanse no Pavillón da Raña de Marin os dous equipos que non perderan partido e lideraban a clasificación e loitaban por manter esa posición e o CB Grove foi moi superior. Tras un inicio moi dubitativo polos nervos, arrancaron o segundo cuarto moi forte en defensa e lograron un parcial de 4-20 que os mantuvo xa cómodos o resto do partido. Tras o descanso o mesmo, onde os grovenses dominaron os dous cuartos e falta de 5 minutos co marcador 35-64 o adestrador Eric Domínguez puxo na pistas un quinteto que necesita minutos para ir fogueandose de cara a próximos partidos, o que foi aproveitado polo Marín para acercarse no marcador e gañar o último cuarto por 18-13.
Grazas "espartanos" polo voso esforzo, seguir así e teremos moitas alegrías o final da temporada en canto se incorporen as baixas que temos.
MINI FEMENINO:
CB DORNA  35 - CB GROVE "PAN DE MILLO" 26. Xogaron: Andrea, Lucía F 2, Lía 2, Lucía B 12, María U 3, Noa, Sandra 4, Claudia 3 e Julia.
Marcadores: 4-8, 12-10, 16-10, 20-17, 31-20 e 35-26. Final.
Gran partido das "peques gherrilleiras" do CB Grove que fixeron un gran partido na Illa D'Arousa e que non lograron a victoria pola falta de acerto no tiro, pois tiveron numerosas ocasións para remontar, pero o máis importante foi a melloría no xogo, a actitude defensiva, o xogo colectivo de equipo e competir ata o último segundo a pesares das baixas que tivemos de xogadoras importantes. Grazas rapazas por facernos disfrutar do Baloncesto.
PREMINI: 
CB GROVE TAPERÍA ALDARA 4 - CB DORNA 54. Xogaron: Cayetana, Mar, Sofía, Jimena, Claudia, Xiana, Zaira, Icía e Sabela.
Marcadores: 2-24, 0-8, 0-10 e 0-12. Final 4-54.
Derrota que sabe a victoria pola forma de xogar: intesidade defensiva, xogo colectivo, fundamentos asimilados, soio a superioridade do equipo visitante o ser nenos e máis altos e fortes, fixo que o marcador foxe tan elevado, pero non amosa o xogo realizado no campo polas nosas "pitufinhas gherrilleiras" que da gusto velas xogar. Moitas grazas por ser tan boas. Esto non é como empeza, e como acaba dentro de dous anos.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario