lunes, 21 de noviembre de 2016

RESULTADOS XORNADA 19-20/Novembro/2016

Boa semana a dos equipos do Clube Baloncesto O Grove, victorias e derrotas con bó sabor, ver o progreso dos equipos da base e satisfactorio.
CADETE FEMENIO:
CB GROVE "AMALFI"  44 - CB ARXIL  51. Xogaron: Stefi, Uxía, Arantxa 19, Olgui 5, Antía 10, Salma, Ari 4, Thais 4, Irene 2, Natalia e Yara.
Marcadores: 4-12 e 12-6, (descanso 16-18) 18-13 (34-31) e 10-20. Final 44-51.
Gran partido o presenciado no Novo Monte da Vila, un dos mellores partidos que fixeron as nosas xogadoras ante un equipo moi competitivo e que lidera a Competición sen perder partido. As numerosas faltas que nos pitaron, 20, contra soio as 8 das visitantes, así como os fallos en posicións fáciles, nos privaron dunha victoria merecida, por xogo e calidade. Podemos estar orghullosas das nosas "gherrilleiras". Ese é o camiño rapazas de seguir así, teremos moitas alegrías.
INFANTIL  MASCULINO:
CB GROVE "TURIMARES" 61 - CAB 2003 PONTEVEDRA  45. Xogaron: Adrián, Alberto 4, Xavi, Xoan 8, Lois 23, Anxo, Lucas 24, Pablo, Raúl 2 e Mateo.
Marcadores: 21-11 e 9-14, (descanso 30-25) 22-4 (52-29) e 9-16. Final 61-45.
Victoria que costou o sair os nosos xogadores sen intensidade defensiva ante un rival que si a tiña, tras un primeiro cuarto dominado claramente polo CB Grove, pasouse a unha fase dominada polos visitantes ante a pasividade dos grovenses. Tras o descanso e unha charla no vestiario, sairon como saben e dominaron o encontro con un parcial de 22-4 que setenciaba o partido dando no último cuarto minutos os que menos xogan, o que foi aproveitado polo CAB para dominar o cuarto por 9-16. Este equipo ten moito futuro pero os primeiros en darse conta son eles, os xogadores, que con actitudes pasivas non se consegue nada. Máis non tanto, felicitalos pola victoria. Grazas rapaces.
MINI FEMENINO: 
CB GROVE AMALFI  4 - RIO ULLA PONTECESURES 54. Xogaron: Andrea, Afrika, Lucía F, Lía, Lucía B, María U, Julia, María D, Sandra, Clara, Claudia e Zaira.
Marcadores: 2-26, 0-8 e 2-18, 0-2. Final 4-54.
Mal partido das nosas "gherrilleiriñas" que estan no proceso de adaptación a nova categoría ante equipos máis curtidos e máis experiencia, confiamos nelas porque teñen moito futuro por diante e a mediados da temporada xa veremos un gran progreso, un equipo onde as novas xa entendan os conceptos de equipo e as máis veteranas xa dominen os encontros. Temos equipo para darnos moitas alegrías e cos novos adestramentos iran progresando. Confiamos nelas. 
PREMINI FEMENINO:
GIRALDO MIXTO CBV  60 - CB GROVE TAPERÍA ALDARA  28. Xogaron: Cayetana 4, Mar 6, Sofía, Xiana, Zaira, Claudia 8, Icía 4, Marta 4 e Sabela,
Marcadores: 14-4, 6-6 e 10-0, (descanso 30-10) 8-12, 10-2 e 12-4. Final 60-28.
Que partidazo fixeron as nosas xogadoras, increíble o progreso amosado no partido, 28 puntos logrados en xogo, en concepto de equipo, con fundamentos e buscando a millor xogadora colocada. O equipo local foi superior o ter un xogador masculino moi bó que el solo gañou o partido, roubaba o balón e a correr que non había quen o collera. Podemos estar orgullosos de este equipo, o seu adestrador, M "Campaña" non esperaba tan alto resultado, y eso que nos faltaba a mellor xogadora, Sandra que xoga no Mini. Grazas "pitufinas" por darnos estas alegrías.
PREMINI MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  56 - MARIN PEIXE GALEGO 6.  Xogaron: Ian 2, David 30, Mauro 2, Raúl 18, Matías, Iago, Brais, Daniel Callón e Daniel Blanco 4.
Marcadores: 12-0, 10-2, 20-2, 14-2. Final 56-6.
Os nosos "xabatos" estan a demostrar un bó nivel de xogo e cada día vese esa melloría no seu xogo, tanto individual como colectivo. Temos que mellorar un pouco máis a concentración defensiva e a circulación de balón en equipo y eso lograse cos adestramentos. Moi ben rapaces.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario