miércoles, 2 de noviembre de 2016

RESULTADOS FIN DE SEMANA 30-31/10/2016

Fin de semana con dous partidos oficiais, Cadete Femenino e Infantil masculino con derrota e victoria xogados no Novo Pavillón Monte da Vila.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  81 - XUVEN CAMBADOS  31. Xogaron polo CBG Turimares:
Adrián, Alberto 20, Xavi, Xoan 6, Pedrito 8, Lois 25, Raúl, Guille 6, Lucas 4, Pablo 12, Anxo e Mateo.
Marcadores: 20-10 e 24-7, descanso 44-17, 15-11 (59-28) e 22-3. (81-31) Final.
Partido dominado dende o inicio polos xogadores de Eric que fixo moitos cambios dando minutos os xogadores que en partidos maís igualados non tendran ocasión de xogar tanto.
O Xuven puxo ilusioón, entrega e a pesares da derrota nunca deixaron de pelear, eso e o máis importante, disfrutar do baloncesto sen mirar o marcador.
CADETE FEMENINO.
CB GROVE AMALFI 15 - GIRALDO CBV 78. Xogaron polo CBG Amalfi:
Yara, Uxía, Arantxa 9, Olgui 2, Stefi, Salma, Ari 2, Natalia, Irene 2, Nati, Antía e Hiba.
Marcadores: 4-21 e 4 - 27, 8-51 descanso, 4-15 e 3-12. Final 15-78.
Superioridade das visitantes que no descanso xa tiñan o partido gañado con una suficiencia aplastante. As grovenses non puderon facer nada ante a intensidade do CBV que leva adestrando dende agosto, ante as nosas que apenas pisan o pavillón. Nunca pudemos competir e iso é o máis triste, gañar non pasa nada, pero competir, dar a cara e sair contentos co traballo ben feito e o máis importante, pero pra conquerir todo iso, os pais teñen que darse conta da importancia do deporte, si eles no valoran, os fillos menos.
Un partido gañado outro perdido, temos tempo pra recuperarnos, e os adestradores temos confianza nas xogadoras, esperamos que se deran conta e aprenderan algo da derrota.
Os equipos da base non xogaron, faremolo no próximo fin de semana.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario