martes, 25 de octubre de 2016

EMPEZAMOS A TEMPORADA 2016 - 17

Este pasado fín de semana empezamos a Temporada 2016 - 17 con 5 equipos:
CADETE FEMENINO: CB GROVE AMALFI
INFANTIL  MASCULINO: CB GROVE TURIMARES
MINI FEMENINO: CB GROVE AMALFI
PREMINI FEMENINO: CB GROVE TAPERÍA ALDARA
PREMINI MASCULINO: CB GROVE TURIMARES
Polos problemas xurdidos e o encarecemento dos gastos federativos, así como o cambio do enfoque deportivo, non saímos co equipo Senior Masculino, Junior Femenino e Infantil Femenino co que nos aforraremos uns 7.000€. A Federación Galega de Baloncesto non se da conta do dano que esta a facer os Clubes pequenos.
En canto as Competicións o Cadete Femenino, CB Grove Amalfi gañou no seu desprazamento a Marin por un claro 30 - 53, facendo un gran encontro no aspecto defensivo e ofensivo o que permiteu que os adestradores fixeran moitos cambios dando minutos a xogadoras que empezaron este ano.
MARIN PEIXE  GALEGO  30: Insúa, Sobral, Casal 6, Ferreiro 7, Rodríguez 3, Calahuche 4, Moreira 2, González 1, Otero 4 e Pazos 3.
CB GROVE AMALFI  53: Yara, Olgui 3, Arantxa 19, Salma, Uxía 10, Nati, Antía 9, Ari, Irene 8, Hiba e Natalia 4.
Árbitro Sr. Rivadulla L.
Marcadores: 11-14 e 5 - 17 (16 -31 descanso) 7-11(23-42) e 7-11 (30-53) final.
Partido que no descanso as xogadoras do CBG Amalfi xa tiñan controlado con unha diferenza de 15 puntos que chegou a ser en varias ocasións de 22 o que permitía facer moitos cambios.
As gherrilleiras si se concienzan do que teñen que facer poden darnos moitas alegrías.
INFANTIL MASCULINO, CB Grove Turimares: Xavi, Raúl, Adrián, Pedrito, Lucas, Lois, Alberto, Xoan, Guille, Jose, Anxo e Luís.
Empezan a Liga o próximo fin de semana ante o Xuven de Cambados o sábado as 10 no Novo Pavillón Monte da Vila, estan no gurpo A co Estudiantes de pontevedra, CAB 2003-4 de pontevedra, Sigaltec R de Vilagarcía, CAB 2003 de Pontevedra e o Marín Peixe Galego. Clasificanse tres equipos para a Liguilla final.
Os equipos Base, CB Grove Amalfi, CB Grove Tapería Aldara e CB Grove Turimares xogaron uns partidos amigables en Vilagarcía ante o Giraldo CBV e pudemos disfrutar  vendo xogar as futuras promesas do Baloncesto. Estivo moi divertido e veuse moita calidade en varios xogador@s.
¡¡¡ FORÇA  GROVE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario