lunes, 23 de mayo de 2016

RESULTADOS XORNADA 21-22/Maio/2016

Xa estamos chegando o final da Temporada e os Minis remataron na Illa d'Arousa ante o Dorna a súa, con derrota por un axustado 63-56 e os Infantiles chegan a final da Copa Primavera despois de derrotar no Monte da Vila o Marin Peixe Galego por un claro 78-49
MINI:
CB DORNA 63 - CB GROVE TURIMARES 56.
Xogaron: Sandra, Nacho, Adrian, Mateo, Lucía, Xoel, David, Raúl e Pablo.
Marcadores; 14-7, 15-8 e 13-4, descanso 42-19, 3-21, 9-10 e 9-6, Final 63-56.
Derrota inxusta dos grovenses os cales foron duramente castigados polo equipo contrario ante a permisividade do colexiado. Os nosos xogadores tras unha primeira parte bastante irregular sorprendidos pola dureza do rival, remontaron 23 puntos no 5 cuarto, poñendose 51-50 e dominando o encontro, pero no ultimo cuarto xa foi imposible, non nos dexaban chegar a canasta, nin recibir, nin nada, valía de todo, pero o máis importante foi o gran esforzo que fixeron, nunca se deron por perdidos e pelexaron ata o último segundo. Pose dicir que fixeron unha gran temporada a pesares das numerosas baixas que tivemos e contratempos que tivemos que superar. Grazas Campións.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES 78 - MARIN PEIXE GALEGO 49.
Xogaron: Alberto 6, Adrián, Xoan 6, Lois 23, Mouco 23, Xavi, Lucas 5, Pablo, Raúl, Noel 15 e Alex.
Marcadores: 19-13 e 27-9, descanso 46-22, 13-15 e 19-12. Final 78-49.
Gran partido do CBG Turimares que empezaron dubitativos ante a responsabilidade que tiñan, pois sabían que si gañaban, xa estaban na final da Copa, primeiro cuarto igualado para no segundo apretar en defensa e sair en rápidos contraataques que finalizaban en canasta logrando un parcial 27-9, que daban unha vantaxe de 24 puntos que daban tranquilidade para que xogaran todos e dar descanso os máis titulares. Agora queda unha semana dura de adestramentos para preparar a final e asi acadar o obxetivo marcado o inicio da tempada polo corpo tecnico que é gañar a Copa. Estamos nelo e confiamos nos nosos xogadores.
Ánimo Campións. ¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario