lunes, 11 de abril de 2016

RESULTADOS XORNADA 9-10/Abril/2016

Este fin de semana resultou bastante bó para os nosos equipos, catro partidos xogados e tres victorias con derrota no Cadete Femenino e  victorias no Infantil, Mini e Premini.
CADETE FEMINO:
CB GROVE AMALFI  34 - CB ARXIL "B" 56. 
Xogaron: Salma, Olgui 2, Irene 10, Natalia 2, Yara, Ana 2, Arantxa 14, Antía e Thais 4.
Marcadores: 10-11 e 6-15, (16-26 descanso) 8-17 (24-43) e 10-13. Final 34-56.
As baixas de tres xogadoras fundamentais e o que non se xogaban nada, fixo que o CB Grove probase as novas xogadoras dandolle minutos de cara a Copa que é o obxetivo da tempada. Houbo momentos bós de xogo con rachas negativas como ven ocurrindo durante moitos partidos. Non acaban de serenar o seu xogo e falta un pouco máis de intensidade defensiva.
INFANTIL MASCULINO:
XUVEN CAMBADOS 43 - CB GROVE TURIMARES  55.
Xogaron: Mouco 5, Noel 13, Pedrito 2, Adrián, Lucas 4, Alberto 4, Lois 21, Xoan 6, Raúl,Xavi e Pablo C.
Marcadores: 12-15 e 10-14, (22-29 descanso) 8-8 (30-37) e 13-18. Final 43-55.
Bó partido en xeral dos grovenses que sempre foron superiores os cambadeses: O CB Grove xa ten a segunda praza asegurada a falta de duas xornadas e estan pensando máis na Copa facendo xogar máis minutos os Minis que xogan no equipo que son o futuro sin importar a vantaxe que se lograba. A victoria nunca peligrou pois as diferenzas andaban sempre sobre os 15 puntos.
MINI:
CB DORNA  67 - CB GROVE TURIMARES  76.
Xogaron: Pedrito 38, Iván 2, Claudia B, Raúl, Mateo 12, Lucía, Xoel 2, David, Pablo 8 e Adrian 14.
Marcadores: 2-15, 14-8 e 5-6, (descanso 21-29) 14-6, 0-15, 5-13 e 4-13. (Final 63-63) Prórroga: 4-13.
Victoria do CB Grove ante o lider nun partido moi igualado, onde os grovenses a pesares de faltar dous xogadores moi importantes, amosou que son o millor equipo da Liga, soio as perdas por falta de xogadores en tres partidos, os únicos que perderon, impediu que se proclamasen campións, pero o máis importante é que temos o futuro garantido con calidade.
PREMINI:
CB DORNA  16 - CB GROVE TURIMARES  42.
Xogaron: Claudia 6, Mauro, Sandra, Raúl 14, Lucía, Xoel 8, David 14, Lucí e Manuel.
Marcadores: 2-14, 00-2 e 4-10, (6-26 descanso) 2-6, 2-6 e 6-4.  Final 16-42.
Victoria de novo ante o Dorna onde os grovenses superaron os locais comodamente, superiorres dende o inicio, con un xogo moi vistoso e en equipo, sendo dentro do seu nivel, un dos mellores equipos.

¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario