miércoles, 6 de abril de 2016

RESULTADOS XORNADA 2-3/Abril/2016

Reanudouse a Liga despois do parón de semana santa, onde os nosos equipos notaron a falta de continuidade acadando diversos resultados.
CADETE FEMENINO:
CLB  49 - CB GROVE AMALFI 44. 
Xogaron: Olgui 4,Mara 16,Irene,Natalia 2, Yara, Ana 2, Arantxa 11, Antía 2, María, Thais, Salma e Dafne.
Marcadores. 5-11 e 9-13, )descanso 14-24). 19-12 (33-36) e 16-8. Final 49-44.
Gran primeira parte das nosas xogadoras que dominaron as locais en todo momento chegando o descanso con unha vantaxe de 10 ptos. que puderon ser moitos máis de ter acertado as ocasións claras. Tras o descanso o CLB apretou en defensa permitindo os arbitros a mesma e non así o CB Grove que vía como castigaban con personales as suas xogadoras, 9 faltas as locais e 21 as visitantes, o que provocaba que non anotaramos ocasións claras dando vantaxe as locais. Agora toca preparar o próximo partido ante o Arxil B o sábado as 12 no Monte da Vila de cara o inicio da Copa, onde esperamos chegar moi lonxe si nos deixan.
PREMINI:
CB GROVE TURIMARES  62 - MECO FONTANERÍA FON 37. 
Xogaron: Claudia 6, Mauro, Sandra, Raúl 20, Lucía, Xoel 14, David 14, Lía 2, Manuel 4 e Zaira.
Marcadores: 12-0, 6-10 e 14-2, (descanso 32-12) 8-8, 10-10 e 12-7. Final 62-37.
Superioridade do Cb Grove que no descanso xa tiña o partido controlado con unha vantaxe de 20 ptos. o que fixo que na segunda parte xogaran máis minutos os menos habituais para ver un partido máis igualado. O CB Grove ten unha boa canteira de cara o próximo ano, onde xa podremos dispoñer de tres equipos para poder traballar con un masculino, outro femenino e un mixto, pois cada día nos chegan novos xogador@s que por desgraza non poden xogar ata a próxima tempada, pero o acabar, no mes de  maio, faremos torneos internacionais para que poidan competir.
PREMINI:
CAB 2006-7  44 - CB GROVE AMALFI  31. 
Xogaron: Matías, Daniel, Damian, Cris, Marta, Claudia, Mar, Noa, Icía e Andrea.
Marcadores: 10-10, 4-2 e 6-12, (descanso 20-24) 10-0, 4-3 e 10-4. Final 44-31.
Gran partido dos "pequenos gherrilleir@s" que fixeron un gran partido, tanto defensivamente como tecnicamente e xogo en conxunto, superiores os locais, os cales a maioria dos puntos non se anotarian por cometer fallos tecnicos, pasos, dobles, pero eso é o de menos, o que importa e que se veu un partido moi interesante ante un equipo novo en alza, o CAB que esta a facer unha gran labor en Pontevedra, e unha escola xa implantada fai coarenta anos con o mesmo estilo en todalas las categorías: equipo, defensa e tecnica individual.
O futuro esta garantido con estas novas xeracións.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario