lunes, 7 de marzo de 2016

RESULTADOS XORNADA 5-6/Marzo/2016

Bó fin de semana pra os nosos equipos, con catro victorias e duas derrotas, onde os seniors con un equipo de circunstancias, volveron a perder tras unha primeira parte moi mala, as "gherrilleiras" cadetes gañaron en Pontevedra o Arxil, os Infantiles gañaron o seu partido fora acadando así, case seguro o subcampionato, os "espartanos" do Mini seguen a dominar os seus partidos con  victorias e nos preminis, unha victora dos "gherrilleiros" e derrota dos "peleóns", en resumo, estamos no bó camiño.
SENIOR:
ESTUDIANTES PONTEVEDRA 72  - CB GROVE TURIMARES  55. 
Xogaron: Pablo, Alex, Roi, Mauri, Rubens e Samuel.
Marcadores: 23-11 e 24-16, descanso 47-27, 12-15 (59-42) e 13-13 (72-55 Final ).
Mala primeira parte dos grovenses que melloraron na segunda parte, pero xa sen forzas pra remontar, pero polo meno competiron e deron a cara con un equipo moi mermado polas ausencias, a tónica de toda a tempada, onde soio en tres partidos puderon completar toda a plantilla. A clasificación final, non reflexa a realidade do equipo, pois ten calidade pra estar moito máis alto.
CADETE FEMENINO:
CB ARXIL "D" 27 - CB GROVE AMALFI  54. 
Xogaron: Salma, Olgui 4, Mara 15, Irene, Natalia 2, Arantxa 31, Antía 2, e Thais.
Marcadores: 9-15 e 5-11, (14-26 descanso) 9-12 (20-38) e 4-16 (27-54 final).
Victoria clara das nosas gherrilleiras que se sobrepuxeron as lesións de Mara e Irene, tendo que facer Mara un gran esforzo e xogar toda a segunda parte con un esguince de nocello producido no primeiro cuarto, para no segundo non xogar ningún minuto, e antes as baixas de Ana, María, Dafne, Uxía, por lesións, aghora veñen as de Irene, que xa había estado tres meses de baixa, e a de Mara, baixas moi importantes de cara o próximo partido ante o Meco. Confiemos en recuperar alguna xogadora. Destacar a todas polo seu esforzo e entrega durante todo o partido. Grazas rapazas.
INFANTIL MASCULINO:
O MECO 42 - CB GROVE TURIMARES 44. 
Xogaron: Pedrito,Alberto 2, Nacho, Xoan 2,Joaquín, Lois 22, Mouco 16,Xavi,Lucas,Pablo, Raúl e Noel 2.
Marcadores: 16-10 e 8-9. (24-19 descanso) 11-15 (35-34) e 7-10 (42-44 final)
Victoria conseguida a base de traballo e nun mal partido xogado polos nosos xogadores no aspecto tecnico, pois os nervos non os deixaron xogar cómodos, sobre todo na primeira parte. Tras o descanso sairon máis tranquilos e dominaron o encontro e así acadaron a victoria que os clasifica caseque Subcampións da Liga, un gran merito debido as poucas horas que teñen de adestramento comparado con outros equipos. Felicitalos pola victoria a base de sacrificio, pero que saiban que saben xogar moito millor, pois nolo demostran nos adestramentos, teñen que confiar máis en eles.
MINI: 
CB GROVE TURIMARES  42 - SIGALTEC 2005  39. 
Xogaron polos grovenses: Pedrito 18,Iván 2, Nacho 6, Mateo 6, Lucía, Xoel, David, Pablo, Stefy e Mauro.
Marcadores: 12-6, 6-6 e 8-5, (22-17 descanso) 2-10, 6-6 e 8-6 (42-39 final).
Gran victoria dos nosos espartanos que ante un equipo moi superior físicamente, non foron capaces de superar o gran xogo en equipo do CB Grove que tecnicamente foron superiores, e eso que tiñan 5 preminis no equipo, o estar enfermos varios xogadores. Amosan que son un dos millores equipos da categoría, e soio os partidos perdidos por falta de xogadores e que gañaron na pista, os priva de estar de primeiros.
PREMINI:
CB GROVE MASCULINO TURIMARES  68 - MECO 16. 
Xogaron: Claudia, Mauro, Sandra, Raúl, Lucía, Zaira, David, Noa e Lía.
Marcadores: 12-1, 2-8 e 12-0, (26-9 descanso) 4-2, 24-1 e 14-4 (68-16 final)
Victoria cómoda onde os nosos xogadores non puxeron toda a presión ante un rival moi inferior física e tecnicamente. O CB Grove xa non os presionaba dende o inicio non pudendo dar todo o que saben. Moi ben pequenos "gherrilleiros".
PREMINI:
CB GROVE AMALFI  6 - SIGALTEC "O" 58.  
Xogaron: Mar, Claudia, Marta, María, Luci, Daniel e Matías.
Marcadores: 0-6, 2-16 e 0-6, (2-28 descanso) 2-10, 2-10 e 0-10 (6-58 final)
A pesares da derrota, gran partido dos nosos xogador@s que coma sempre, pelexan coma lións e nunca se dan por rendidos. Hoxe xogaron contra un equipo moi superior fisicamente, como levan toda a tempada, deben ser o equipo máis pequeno da competición, pois este equipo fixose a útlima hora e cos cativos da  escola, anos 2008 e 09. Gañannos por físico, pero non por técnica. Pro ano xa veremos o que pasa.
Grazas a todos por ir a ver os partidos.
¡¡¡ FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario