miércoles, 2 de marzo de 2016

RESULTADOS XORNADA 27-28/Febreiro/2016

Xornada boa dos nosos equipos onde unha vez máis os Seniors sairon derrotados o cair nos vellos vicios de non xogar en equipo nos momentos decisivos. O resto dos equipos cumpliron dentro do que se esperaba, victorias no Cadete Femenino, no Infantil Masculino, o Mini e Premini Turimares con derrota no Premini CB Grove Amalfi.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES 52 - EL DOCE 60. 
Xogaron: Pablo, Alex, Roi, Jacobo, Manuel, Mauricio, Rubens, Samuel e Oscar.
Marcadores: 12-18 e 17-11, descanso 29-29, 13-21 e 10-10. Final 52-60.
Mal inicio do equipo no primeiro cuarto para recuperarse no segundo. Tras o descanso o mesmo, mal comenzo para remontar, igualar no último cuarto pero fallar nos últimos minutos. Non foi o día de cara o aro, moitos tiros errados, o contrario dos visitantes que acertaron 9 triples. Queda un partido para rematar a pior temporada do CB Grove na Categoría Senior dende a súa fundación.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 57- MARIN PEIXE GALEGO 45. 
Xogaron: Salma, Olgui, Mara, Irene, Natalia, Yara, Ana, Arantxa, Antía, María, Thais e Dafne.
Marcadores; 10-13 e 19-12, descanso29-25, 6-10 e 22-10. Final  57-45.
Partido irregular das nosas xogadoras que non acaban de arrancar despois do parón de carnaval e a falta de horas para adestrar en condicións. Empezaron mal no primeiro cuarto para recuperar no segundo. Tras o descanso o mesmo, moitos fallos nos pases, despistes defensivos, para no último cuarto, volver a ser o equipo que iniciou a temporada, agresivo en defensa, acerto no tiro e contraataque, parcial de 22-10 para remontar o empate a 35 que había o finalizar o terceiro cuarto.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  70 - CAB2003  56. 
Xogaron: Alberto, Nacho, Xoan, Joaquín, Lois, Mouco, Xavi, Lucas, Pablo, Raúl, Damián e Noel.
Marcadores: 21-12 e 12-20, descanso 33-32. 26-6 e 11-18. Final 70-56.
Cómoda victoria dos xogadores do CB Grove que sempre tiveron o partido controlado, con vantaxes de 15-20 ptos. que eran recuperadas polos visitantes cando poñía en pista Eric os xogadores menos habituais e que escomenzaron este ano, pra que vaian collendo esperenza na categoría.
MINI MASCULINO:
CB BALTAR  23 - CB GROVE TURIMARES  49. 
Xogaron: Pedro, Sandra, Mateo, Lucía, Xoel, David, Raúl, Pablo, Stefy, Iván, Adrián e Nacho,
Marcadores: 4-20, 9-0 e 0-6. Descanso 13-26, 8-7, 2-2 e 014. Final 23-49.
Os grovenses foron superiores a pesares das baixas que tiñan no equipo, Este equipo segue a ser un bo futuro. Agradecer o seu esforzo e a seguer crecendo.
PREMINI MASCULINO:
CB BALTAR  42 - CB GROVE TURIMARES  55. 
Xogaron: Manuel, Mauro, Sandra, Raúl, Lucía, Xoel, David, Luci e Zaira.
Marcadores: 6-11, 12-0 e 020, descanso 18-31. 16-4, 2-8 e 6-12. Final 42-55.
Gran victoria do CB Grove grazas o gran traballo que fixeron e a súa pelexa defensiva, un equipo que nunca se rinde e iso é moi importante o que unido a sua calidade son un equipo con moito futuro a pesares de ser moi novos ainda. Grazas pequenos "gherrilleiros".
PREMINI MIXTO:
CB GROVE AMALFI  2 - CB DORNA  53. 
Xogaron: Mar, Marta, Claudia, Cris, Noa, Andrea, Daniel, Matías, Damian e Xoan.
Marcadores: 2-14, 0-13 e 0-10, descanso 2-37, 0-16. Final 2-53
A pesares da derrota temos que estar moi contentos co partido realizado ante un equipo moi superior fisicamente pero non tecnicamente, xa que de pitar correctamente, a maioría das canastas non subirian o marcador o cometer pasaor e dobles pero o máis importante é mellorar, non a victoria. O Dorna ten duas xogadoras moi boas, Chaves e Otero N, as cales teñen un gran futuro por diante. 
Xa sabedes: ¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario