jueves, 17 de marzo de 2016

RESULTADOS XORNADA 12-13/Marzo/2016

Gran fin de semana para os nosos equipos con catro victorias e unha derrota. O traballo estase a ver reflexado nos partidos, non tanto polas victorias, senón, polo ver o seu progreso.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI  57 - O MECO 42. 
Xogaron: Salma, Olgui 5, Mara 14, Irene, Natalia, Yara, Thais, Ana 4, Arantxa 26, Antía 8, María e Dafne.
Marcadores: 12-9 e 16-9, descanso 28-18, 6-13 ( 34-31) e 23-11, final 57-42.
Victoria cómoda con altibaixos no xogo polos numerosos cambios e lesións de varias xogadoras, o CB Grove sempre dominou o partido e non veu peligrar a victoria. Agora parón de Semana Santa e confiamos en poder adestrar todas xuntas  o longo de todo o campo pra preparar a Copa como se merece.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  53 - SIGALTEC "M" 36. 
Xogaron: Pedrito 4, Alberto 6, Nacho, Xoan 7, Lois 31, Mouco 4, Xavi, Lucas, Pablo, Raúl, Anxo e Noel.
Marcadores: 13-4 e 8-16, descanso 21-20, 16-9 (37-29) e 16 - 7. Final 53-36.
Moi mala primeira parte con nuemoros fallos baixo canasta e unha defensa inexistente. Tras o descanso e despois dunha charla no vestiario, os grovenses sairon máis enchufados na defensa pero seguían fallando ocasións claras, e dominaron por 32-16 esta segunda parte.
MINI:
SIGALTEC "R" 48 - CB GROVE TURIMARES 67. 
Xogaron: Pedrito, Iván, Nacho, Sandra, Mateo, Lucía, Xoel, Raúl, Pablo, David, Adrián e Mauro.
Marcadores: 3-14, 12-13 e 5-9, descanso 20-36, 18-4, 9-9 e 1-18.
Partido moi igualado con victoria grovense ante o líder da competición. O CB Grove dominou o partido con un pequeno baixón no inicio da segunda parte, onde os locais se acercaron no marcador, para despois con un parcial de 1-18, acadar a victoria, amosando ser o mellor equipo da Liga con un gran concepto de xogo en equipo e tecnica, soio as perdas de partido por falta de xogadores evita ser lideres.
PREMINI:
SIGALTEC "A" 63 - CB GROVE TURIMARES 39. 
Xogaron: Mateo, Sandra, Raúl, Lucía, Xoel, David, Lía, Zaira, Claudia e Manuel.
Marcadores: 10-14, 5-4 e 1-6, descanso 26-24, 12-6, 14-4 e 11-4, Final 63-39.
Gran partido xogado de poder a poder, onde os nosos xogadores notaron o cansanzo de xogar anteriormente, pero a súa calidade quedou amosada ante un equipo moi superior fisicamente que se impuso por forza, pero non por xogo.
PREMINI:
CB ARXIL 21 - CB GROVE AMALFI  26
Xogaron: Mar, Marta, Cris, Claudia, Noa, María, Andrea, Daniel, Matías e Damián.
Marcadores: 2-0, 2-6 e 7-2, descanso 11-8, 2-0, 4-2 e 4-16. Final 21-26.
Gran victoria dos pequenos "gherilleiros" no seu desprazamento a Pontevedra, son os partidos que da gusto ver xogar, nenos pequenos de 6-7 anos amosando as súas calidades, o CB Grove é partidario de non ter marcador en estas idades e así os partidos serían máis interesantes e igual de emocionantes e os xogadores non estarían pendentes do marcador, senon de xogar e disfrutar. Contento con seu progreso, e maraviloso ver que non fan pasos, nin dobles, que pivotan, buscan o compañeiro. Moi ben cativos.
¡FORÇA GROVE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario