martes, 22 de marzo de 2016

RESULTADOS DA XORNADA 19-20/Marzo/2016

Este fin de semana foi moi bó para os nosos equipos. Xogaronse soamente tres partidos con dúa victorias e unha derrota pero que soubo a victoria polo gran xogo que fixeron e coas baixas que tiñamos.
INFANTIL MASCULINO:
CB BALTAR  13 - CB GROVE TURIMARES 63. 
Xogaron: Pedrito 1, Alberto 4, Xoan 4, Lois 16, Mouco 10, Xavi 4, Lucas 10, Pablo 4, Raúl 4 e Noel 4.
Marcadores. 5-26 e 7-28. descanso 12-54, 1-9 e KO.
Partido dominado polos grovenses, moi superiores os locais que a pesares da súa inferioridade pelexaron sempre sen importar a diferenza existente, teñen varios xogadores con calidade pero pouco equipo. Os grovenses moveron o banquillo dando minutos so novos, Raúl e Xavi que se imcorporaron no Nadal e os minis Pedrito e Pablo, que o fixeron moi ben.
Con esta victoria o CB Grove afianzase na segunda praza da Liga e ten o Subcampionato o seu alcance a falla de 5 xornadas.
MINI MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES 60 - CAB 2004-5  10.
Xogaron: Pedrito 29, Caludia B, Nacho 10, Mateo 5, Damian 2, Xoel 2, David 4, Mauro, Iván e Pablo C.
Marcadores: 23-0, 12-2 e 13-5, descanso 48-7, 10-3, 2-0 e K:O.
Nova victoria cómoda ante un rival que puxo todo o empeño en evitala pero que non puderon coa calidade de este equipo, que de contar con todolos xogadores dende o inicio estaría na outra división competindo cos mellores. É un gran equipo con xogadores moi bós, onde se mezcla a calidade dos veterans cos preminis que compiten con eles, de non serp pola perda de partidos por ir con 8 xogadores estarían no primeiro posto sen problemas. Agora esperanos o Torneo de Barcelos, onde  podriamos facer uns moi bós xogos de poder contar con todos.
PREMINI:
CB GROVE TURIMARES 45 - XUVEN FEMENINO  56. 
Xogaron: Daniel e Claudia B, Mauro, Raúl e Sandra L, Xoel, David e Lucía B, Lía e Manuel.
Marcadores: 8-0, 0-16 e 17-4, descanso 25-20, 5-8, 12-10 e 3-18. 
Gran partido o presenciado entre dous equipos que fan un xogo moi divertido e alegre. os grovenses presentaron varias baixas pero eso non impideu ver un bó partido. Os pais disfrutaron do baloncesto puro, técnica, defensa, traballo, lucha, esforzo, emoción, que máis se podía pedir. Grazas os dous equipos polo partidazo.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario