viernes, 26 de febrero de 2016

RESULTADOS XORNADAS 13-14 e 20-21/Febreiro/2016

Estos foron os resultados:
SENIOR:
SANTA BAIA 67 - CB GROVE 61. Xogaron: Pablo, Alex, Germán, Oscar, Mauri, Rubens e Samuel.
Marcadores: 18-15 e 14-10, descanso 32-25, 18-20 (50-45) e 17-16 (67-61 final)
Derrota inxusta dos grovenses que prantaron cara en todo momento o equipo local, os cales pensaron que como habían gañado comodamente no Grove o ian facer en Boiro, pero non foi así, e os grovenses fixeron unha gran segunda parte ata a falta de 4 minutos, cando dominaban o marcador por 56-58 e tiñan o ritmo do xogo, unha xogada desafortunada e falta de deportividade polo equipo local que rematou un ataque o estar lesionado na pista un xogador grovense, cando nuha situación parecida os grovenses pararon o xogo pra atender o xogador local. A protesta do entrenador do CB Grove foi cortada con técnica e unha segunda por "pensar" o árbitro principal que lle estaba protestando o auxiliar, o que de ser así, a falta tecnica tendría que pitala este árbitro e nou o principal que estaba a 115 mts. da xogada. 7 Tiros libres seguidos que lle deron a victoria o equipo loca. 
CB GROVE TURIMARES 56 - SIGALTEC  57. Xogaron: Pablo, Alex, Germán, Jacobo, Manuel, Mauri, Rubens, Eric, Samuel e Oscar.
Marcadores: 15-13 e 14-15, descanso 29-28, 13-17 (42-45) e 14-12 (56-57 final)
Árbitros Srs. Blanco e Loira, Sinalaron 26 faltas os locais, excluído Mauri, por 15 os visitantes.
Gran partido o visto o venres a noite no Novo Pavillón Monte da Vila, onde os grovenses tiveron a victoria nas suas mans, gañaban de 56 52 a falta de 18 segundos, pero duas perdas de balón evitaronna. Influiu tambén as numerosas faltas con que foron castigados, 11 faltas máis e na diferenza nos tiros libres, 30 polos visitantes e 12 os locais.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 33-ESTRUGASA RIO ULLA 40: Xogaron: Olgui, Mara, Yara, Ana, Antía e Thais.
Marcadores: 10-7 e 9-15, descanso 19-22, 4-12 (23-34) e 10-6 (33-40 final).
As numerosas baixas influiron na derrota das nosas que xogadoras que fixeron un gran partido e quedaron sin forzas a falta de 3 minutos, cando gañaban 31-29. Notaron así mesmo os numerosos días que estiveron sen adestrar o estar os pavillón ocupados polo carnaval e os festivos.
O MECO 53 - CB GROVE AMALFI  42. Xogaron: Olgui, Mara, Irene, Yara, Ana, Arantxa, Natalia, Antía e Thais.
Marcadores: 7-9 e 17-5, descanso 22-14, 16-15 ( 40-29) e 13-13 (53-42 final).
Derrota das nosas xogadoras que se viron lastradas polas numerosas faltas sinaladas no primeiro cuarto, e as baixas por lesión, así como os problemas fisicos de varias xogadoras que se incorporaban despois de estar dous meses de baixa. A falta de acerto baixo o aro contrario e a diferenza nos tiros libres, 36 tiranro as locais por 21o CB Grove, 15 tiros de diferencia, e iso que tivemos que facer varias variantes defensivas pra potexernos, senon quedabamos sen xogadoras na pista. Pronto volveremos a coller o ritmo o ter a todas xa recuperadas e volverna a darnos moitas alegrias estas "gherrilleiras".
INFANTIL MASCULINO:
ESTUDIANTES PONTEVEDRA  76 - CB GROVE TURIMARES 35. Xogaron: Pedrito, Alberto, Xoan, Lois, Xavi, Lucas, Raúl, Pablo C e Noel.
Marcadores: 24-6 e 16-8. (descanso 40-14) 11-12 (51-26) e 25-9. (76-35 final)
Derrota clara ante o lider da Competición,no desprazamento a Pontevedra, onde os nosos xogadores non estiveron afortunados e os problemas físicos impediron que competiramos como fixemos o inicio da Liga, así mesmo o longo parón do Carnaval influiu no rendimento, pero estos rapaces son fortes e van a superalo. A segunda praza agora esta un pouco máis complicada.
MINI MASCULINO:
ESTUDIANTES PONTEVEDRA  32 - CB GROVE TURIMARES  48. Xogaron:  Pedrito, Nacho, Mateo, Palbo, Iván, Stefy, Raúl, Sandra, David e Lucía.
Gran victoria de este equipo que non ten limites de melloría, cada día van a máis e teñen un gran futuro por diante si seguen así.
CB GROVE TURIMARES 59 - CALDAS CLB  8. Xogaron: Pedrito, Nacho, Mateo, Xoel, David, Raúl, Pablo C, Stefy, Lucía e Sandra.
Marcadores: 20-2, 10-2, 10-2, 6-2 e 13-0. KO.
Superioridade dos grovenses que dominaron o encontro dende o inicio. Esperemos que sigan así.
PREMINI:
XUVEN NEGRO 29 - CB GROVE TURIMARES 52: Xogaron: Luci, Claudia, Mauro, Xoel, Lucía, Zaira, David, Manuel, Lía e María,
CB GROVE AMALFI - DORNA 33. Xogaron: Mar, Cris, Claudia, Marta, María, Andrea, Noa, Matías, Daniel e Icíar.
SIGALTEC "S"  50 - CB GROVE TURIMARES  18. Xogaron: Claudia, Mauro, Sandra, Raúl, Lucía, Manuel, David, Luci, Xoel e Zaira.
CAB 2006-09 41 - CB GROVE AMALFI  16: Xogaron: Mar, Cris, Claudia, Marta, María, Noa, Andrea, Matías, Daniel e Damían.
Nada que obxetar os nosos pequen@s "Craks"que cada día xogan millor. O que non ten lóxica e que teñamos que rotar xogadores porque a Federación non impón xogar con 10 máximo, tendo que deixar en varios partidos a xogadores sen poder facelo. Pronto faremos un Torneo onde poidan xogar todos.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario