viernes, 12 de febrero de 2016

RESULTADOS XORNADA 6-7/Febreiro/2016

Polo parón do carnaval soio tivemos o partido senior e un aprazado de premini con distintos resultados.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES  61 - SAN MAURO VILANOVA  47. Xogaron: Pablo 5, Alex 13, Germán 4, Jacobo 2, Mauri 10, Rubens 8, Samuel e Oscar 19.
Marcadores: 6-12 e 15-18, descanso 21-30, 17-9 ( 38-31) e 23-8. Final 61-47.
Tras un primeiro cuarto malo, onde os grovenses non sairon concentrados e fallando moito de cara a canastra e despois de un tempo morto do seu adestrador, xogaron máis tranquilos e atacaron a zona visitante movendo o balón sempre acompañado con movementos dos xogadores que tiñan a mellor opción para anotar e ser tamén máis intensos en defensa, doulles a victoria no mellor partido da temporada en canto a xogo, intensidad defensiva e claridade en ataque. Esperemos que sigan por ese camiño. 
PREMINI:
MARIN PEIXE GALEGO 51 - CB GROVE TURIMARES  35. Xogaron: David, Lucía, Raúl, Sandra, Manuel, Luci, Mauro e Andrea.
Partido que se aplazou no seu día o ter o Marín PG un compromiso moi importante como era a final da Copa Leb Plata e que conseguiron poñendo o basquet galego onde se merece. Volvendo o partido, foi mal xogado polos nosos xogadores que tiñan varias baixas, máis ainda así, deron a cara e o progreso vese día a día. Grazas chaval@s.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario