miércoles, 27 de enero de 2016

RESULTADOS XORNADA 23-24/Xaneiro/2016

Resultados moi irregulares dos nosos equipos, tres non xogaron e os outros tres tiveron resultados distintos onde as lesións e falta de algúns xogaores castigaron moi duramente os nosos equipos.
SENIOR:
CB LAXE 74 - CB GROVE TURIMARES 45.
Xogaron: Alex 9, Germán 4, Kampa 8, Mauri 2, Rubens 19, Eric 3 e Samuel.
Marcadores: 18-17 e 29-03, Descanso 47-20, 12-12 (47-32) e 15-13. Final 74-45.
Árbitros Srs. Escaríz e Vázquez.
Tras un primeiro cuarto moi igualado,18-17, onse os grovenses moi frescos xogaban un baloncesto alegre e cooperativo, veu un segundo moi malo, 29-3, o ter que dar descanso os máis habituais e xogar con xente nova o faltas varios xogadores que nos dan un plus de defensa e ataque, pero os que sairon deron todo o que tiñan e iso xa é de agradecer e nada puderon facer ante o acerto dende a liña de tres puntos, anotaron 8 na primeira parte, o 50% dos puntos.
Tras o descanso o encontro estivo máis igualado o baixar o acerto no tiro exterior os locais e o CB Grove entonouse máis en defensa.
INFANTIL MASCULINO:
GIRALDO CB 44 - CB GROVE TURIMARES 47.
Xogaron: Pedro 1, Alberto 9, Mateo, Lois 26, Xavi, Lucas 2, Raúl e Noel.
Marcadores: 10-13 e 14-6, descanso 24-19, 11-12 (35-31) e 9-16. Final 44-47.
Árbitros Srs. Vázquez e Penas.
Partido moi igualado entre o segundo e terceiro clasificado, onde os locais dominaron a primeira parte para na segunda impoñerse os grovenses liderados por Lois, moi ben axudado polos seus compañeiros que fixeron un gran esforzo e lucharon ata o final pola victoria que os consolida na segunda posición a pesares das numerosas baixas que tiñan por enfermedade.
Este é un equipo que o pode facer ainda mellor e confiamos en eles de cara o futuro. Moi ben chavales.
MINIBASQUET:
CB GROVE TURIMARES 32 - CB DORNA 74.
Xogaron: Lucía, Raúl, Xoel, David, Manuel, Mateo, Stefy e Paula.
Marcadores: 4-12, 0-12, 14-10, 2-12, 6-11 e 6-17. Final 32-74.
Árbitro Sr. Escaríz.
As numerosas baixas impediron os grovenses dar a talla ante os lideres que foron superiores, pero o visto, de dispoñer de todo o equipo, seguro que o resultado sería moi distinto. Nada que obxetar o traballo realizado dos nosos xogadores que deron a cara en todo momento e nunca se arrugaron. Ese é o camiño.
¡¡¡ FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario