martes, 15 de diciembre de 2015

RESULTADOS XORNADA 12-13/Decembro/2015

Moi boa xornada dos equipos do Clube Baloncesto O Grove este pasado fin de semana con catro victorias e duas derrotas.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES  62:
Besteiro 2, Jacobo, Roi 6, Germán 6, Alex 15, Manuel A, Kampa, Eric, Rubens 13, Samuel e Oscar 18.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA  58: 
Suarez 11, Muiños 3, Couso 2, García 7, Buceta 2, Fernández, Sings, Peteiro 2 e Gómez 31.
Arbitros Srs. Escaríz e Ferreiro. 15 faltas sinaladas os locais e 9 os visitantes.
Marcadores: 18-16 e 19-19, descanso 37-35, 9-15 e 16-8. Final 62-58.
Gran victoria do CB Grove no estreo do novo pavillón Monte da Vila, os grovenses sufriron e fixeron o millor partido da temporada, ainda que tiveron un pequeno baixón no terceiro cuarto, para recuperarse no último e así gañar o partido que tanto necesitaban para recuperar a sua estima, pois a súa posición na tabla non amosa a calidade do mesmo. Confiamos que no Nadal con un pouco máis de adestramento xa estemos a tope para competir e recuperar os partidos perdidos.
CADETE FEMENINO:
O MECO 25 - CB GROVE AMALFI 60: 
Xogaron: Salma, Olgui 12, Mara 6, Irene 4, Dafne, Yara, Ana, Arantxa 24, Antía 10. Thais 4, María e Natalia.
Árbitros Srs. Escaríz JM e Penas. 18 faltas as locais e 16 as visitantes.
Marcadores: 5-16 e 9-19, descanso 14-35, 02-08 e 09-17. Final 25 - 60.
Victoria cómoda do CBG Amalfi, moi superior o seu rival que nunca pudo facer frente o xogo desenrolado polas nosas xogadoras que o descanso xa tiñan o partido controlado, soio cando estaban en pista as xogadoras que empezaron este ano, se equilibrou un pouco o marcador, 2-8, no terceiro cuarto para despois mover o banco equilibrando o equipo e tendo vantaxas de máis de 40 ptos en algún momento do partido. Este equipo se tivese os mesmos días de adestramento que as súas rivais, 3 contra 1, o seu rendimento sería moi superior. Estamos escalando posicións na taboa e noso obxetivo e quedar entre os tres primeiros.
INFANTIL MASCULINO:
CB DORNA 04 - CB GROVE TURIMARES 55. 
O CBG Turimares formou con: Pedrito 2, Alberto 8, Xoan 2, Lois 15, Mouco 10, Lucas 6, Raúl, Adrian, Pablo Caneda 8, Anxo e Noel 4.
Marcadores: 4-25 e 0-30, cerrando o acta por KO.
Árbitros Sr. Paredes.
Victoria clara dos nosos xogadores ante o CB Dorna que puxeron todo o empeño e loita para facer frente o CBG Turimares, pero estos eran moi superiores tecnicamente e con esta victoria colocanse segundos na clasificación.
MINIBASQUET:
CB GROVE TURIMARES: Mateo, Pablo C, Mauro C, David, Xoel, Lucía, Stefy. Derrota dos nosos xogadores que se presentaron con moitas baixas o ser o partido as 9.30h da mañán e ser voluntaria a sua presenza no mesmo, pois non é de recibo que a Federación autorice un partido para esa hora cando estamos a máis de 40 kms. de distancia e teñen que levantarse as 7.30h nen@s de 9-10 e 11 anos.
Derrota pero traballo e compromiso non faltaron. Nhoraboa.
PREMINIBASQUET.
CB GROVE 32 - MARIN PEIXE GALEGO 52. 
Xogaron polo CBG; Lucía, Luci, Lía, Claudia, Candela, David, Mauro, Manuel, Xoel e Anxo.
Marcadores: 10-2, 0-16 e 10-4, descanso 20-22, 4-14, 4-10 e 4-6. Final 32-52.
Derrota sen importancia polo xogo e tecnica amosada polos nosos xogadores que apenas cometeron faltas técnicas, contra un equipo que a maioría das canastras serían invalidades por pasos e dobles, pero o importante foi ver a diferencia de xogo entre un equipo e outro.
CB GROVE AMALFI  0 - ESTRUGASA RIO ULLA 50. O CBG Amalfi presentou o seguinte equipo:
Cris, Claudia, Marta, Andrea, Noa, Matías, Mateo, Daniel, Xoan e Anxo.
Marcadores: 0-18, 0-16 e 0-2. KO
Os visitantes foron moi superiores as nosos xogadores, equipo de primeiro ano que estan no inicio do basquet e que estan aprendendo moi rapidamente os conceptos principais do xogo.
Grazas a todos os familiares que seguen partido a partido os seus fillos, os cales nos fan pasar uns momentos moi agradables.
¡¡¡ FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario