martes, 17 de noviembre de 2015

RESULTADOS XORNADA- /Novembro/2015

Fin de semana regular para os nosos equipos nas distintas categorías con un balance de 3 victorias e 3 derrotas. Estos son foron os resultados;
SENIOR: 
CB GROVE TURIMARES 49 - STA BAIA 86. Xogaron no CB Grove:
Besteiro,Jacobo, Roi 6, Germán 2, Alex 23, Manuel A,Kampa 5, Mauri,Rubens,Eric, Samuel 2 e Oscar 11.
Marcadores: 17-28 e 12-20. Descanso 29-48. 15-27 e 5-11. Final 49-86.
Arbitros Srs. Blanco e Malvar, 27 faltas os locais, excluídos Kampa, Mauri e Oscar, e 17 os visitantes.
Mal partido dos grovenses, non acaban de coller o ritmo e teñen pouca intensidade defensiva. As novas corporacións ainda non se adaptan en falta o xogo colectivo, esto é motivado pola falta de adestramentos por motivos de traballo e estudos. A nosa finalidade e de que disfruten, pero teñen que dar outra imaxen na pista de xogo, ser máis intensos en defensa e colectivos no ataque.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 62 - O MECO T.A. 51. Polo CB Grove xogaron:
Salma, Olgui 3, Mara 22, Irene 9, Dafne, Ana 4, Arantxa 16, Antía 4, María 4, Thais, Natalia e Yara.
Marcadores: 13-12 e 13-8, (26-20 descanso) 20-7 e 16-24. Final 62-51.
Árbitros Srs. Blanco e Malvar. 30 faltas sinaladas as locais, excluídas Mara, Irene e Ana, e 21 as visitantes, case todas no último cuarto. 
Gran victoria das nosas xogadoras que dominaron as visitantes, un equipo que adestra 3-4 días a semana, todo o encontro con un xogo de equipo tanto en ataque como en defensa que romperon o partido no terceiro cuarto o gañalo 20-7 deixando sen opcións as visitantes, que soamente no último cuarto, motivado polas exclusións e os cambios se acercaron no marcador cando xa tiñan unha desvantaxa de 25 puntos, 52-27. O CBG Amalfi vai crecendo partido a partido, pois so dispón de un día para os adestramentos e remata sempre a tempada con un xogo brillante e nos postos altos da Liga.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  42 - O MECO 38. Estos foron os xogadores do CBG:
Pedrito 2, Alberto 13, Adrián, Xoan 2, Mateo, Lois 12, Raúl, Lucas, Pablo C, Mouco 7 e Noel 6.
Marcadores: 8-8 e 10-8, descanso 18-16, 8-10 e 16-12. Final 42-38.
Árbitro Sr. Paredes, 17 faltas sinaladas os locais e 15 os visitantes.
Victoria moi axustada, pero merecida nos nosos xogadores, que en todo momento foi o equipo que quixo xogar o baloncesto. Este equipo, con 1 día máis de adestramentos a todo o campo para traballar un par de movementos de equipo, daría outra imaxen, pois temos 4 alevíns recén ascendidos, e o igual que o equipo cadete femenino, rematan sempre a temporada indo a máis.
MINI MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  39 - ESTUDIANTES PONTEVEDRA 60.  Xogaron:
Andrea, David, Lucía B, Adrián, Mateo, Alex, Lucía F, Noa, Nati, Raúl, Iria e Zaira.
Marcadores: 4-6, 4-12 e 0-11, descanso 8-29, 5-14, 13-9 e 13-8. Final 39-60.
Derrota do CBG ante un equipo moi superior fisicamente pero non tecnicamente, onde notamos a falta de Pedrito e Pablo C, tendo que xogar con varios Benxamíns que deron a cara en todo momento. Estamos contentos pois a melloría vaise notando e acabaran o final da Liga entre os dous primeiros.
PREMINIS:
CB GROVE AMALFI - SIGALTEC. Non dispoñenos de datos o non entregarnos a acta do encontro.
Xogaron: Cris, Claudia A, Marta, Manuel, Mar, Daniel, Iván, Lía, Antía, Anxo, Brais e Martín.
Son o equipo do ano 2008-09, que escomenzaron este mes de novembro os adestramentos e xa teñen os conceptos collidos, pois non fan pasos, dobles e intentan xogar en equipo ante xogadores moi superiores fisicamente, pois dous anos notanse moito e levan máis tempo adestrando.
CB GROVE TURIMARES 29 - SIGALTEC "A" 63. Xogaron polo CBG:
David B, Lucía B, Sandra, Raúl, Claudia, Andrea, Lucía F, Salma, Noa e Carlos.
Marcadores: 6-4, 5-16 e 3-12, descanso 14-32, 1-10, 6-17 e 8-4. Final 29-63.
Gran partido o visto no pavillón de Fontecarmoa en Vilagarcía onde os pais sairon moi contentos co partido realizado polos seus fillos que foron felicitados polos pais visitantes polo xogo realizado, e soio a maior presencia física do Sigaltec fixo que se impuxeran no marcador. Foi un partido moi bonito tamén motivado pola actitude do adestrador visitante que non mandou presionar cando tiña o equipo forte na pista. Agradecemos esa actitude.
Temos o futuro garantido con calidade e xogo.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario