lunes, 2 de noviembre de 2015

RESULTADOS FIN DE SEMANA

Mal fin de semana dos nosos equipos que non lograron a victoria en ningún dos tres partidos xogados, sabíamos que era dificil  no Cadete Femenino e igualado o Infantíl masculino e o Senior, e así foi, os seniors sempre estiveron ahí facendo a goma, 4 - 10 ptos de diferencia, pero non foros capaces de remontar e gañou o Laxe merecidamente, 41-56, ainda que esa diferencia non reflexa  o nivel de xogo do CB Grove.
As Cadetes femeninas foron superadas polo Arxil C dende o primeiro minuto, que con unha defensa presionante axfisiaban as nosas xogadoras que perdían o balón rapidamente e cando superaban a presión, fallaban entradas e tiros fáciles, chegando o final con unha derrota que facía moitos anos que o CB Grove non levaba, 13-90.
O Infantil Masculino perdeu nun partido moi igualado condicionado polo arbitraxe, onde a exclusión de Lois no terceiro cuarto eliminou todas as posibilidades de sacar adiante a victoria, máis ainda así, fixeron un gran partido.
O problema das derrotas xa sabemos cal é, que ata mediados de Outubro non podemos adestrar nas poucas horas que temos e acusamos a falta de partidos amistosos e adestramentos intensivos, pero esto vaise solucionar en 15 días.
SENIOR:
CB GROVE  TURIMARES  41 - LAXE MARÍN  56, Xogaron:
Besteiro 3, Alex 8, Roi 4, Germán, Jacobo 2, Manuel A. Kampa 10, Mauri 2, Rubens 12 e Samuel.
Marcadores: 8-13 e 16-16, descanso 24-29, 7-14 e 10-13. Final 41-56.
Arbitros Srs. Blanco e González, 12 faltas os locais, excluído Alex por 7 os visitantes.
A falta de acerto e as perdas de balón paganse caro contra un equipo moi experimentado con unha gran calidade e que xogan de memoria, pois levan moitos anos xogando xuntos. Os grovenses notaron a falta de adestramentos e a incorporación de novos xogadores que isto vaise solucionar pronto.
CADETE FEMENINO:
CB  GROVE  AMALFI  13 - ARXIL "C" 90.  Xogaron:
Salma, Olgui, Mara, Irene 2, Dafne, Yara 1, Ana 4, Arantxa 5, Antía, Natalia, María, Thais e Ana Fraga.
Marcadores: 6-20 e 2-23, descanso 8-43, 2-13 e 3-34. Final 13-90.
Arbitros Srs. Blanco e González, 12 faltas as locais, eliminada Arantxa, por 19 as visitantes. Sen eliminados.
Derrota abultada ante un equipo moi superior fisicamente que impuxeron unha presión dende o inicio que as nosas xogadoras non foron capaces de superar para no último cuarto acusar o cansanzo o ter pouco tempo para adestrar o estar traballando os adestradores ata o día 12 de ocutubro. Confiamos en este equipo e seguro que vai quedar entre as tres primeiras o final da Liga.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  45 - BON POLLO ESTUDIANTES 58.  Xogaron.
Pedrito, Alberto 8, Adrian, Xoan, Mateo, Lois 15, Mouco 14, Lucas 3, Raúl, Pablo Caneda e Noel 5.
Marcadores: 11-18 e 9-7, descanso 20-25, 14-17 e 11-16, Final 45-58.
Árbitros Srs. Escaríz e Dopazo, 19 faltas os locais, excluído Lois, e 19 os visitantes, excluído Rivas.
Gran partido dos grovenses ante un equipo que nos supera en adestramentos pois veñen de xogar a liga da fase de ascenso que comenzou en septembro e os nosos xogadores empezaron a mediados de outubro.
A eliminación de Lois privounos de poder gañar o encontro pero non podemos desmerecer o traballo dos outos xogadores onde Mouco vai mellorando moito e os 4 alevíns deron a cara. Confiamos en este equipo para os vindeiros encontros.
Isto non vai privar que o CB Grove sega traballando con máis forza para virar estos resultados os cales chegaran e imolo ver o final da temporada.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario