lunes, 9 de noviembre de 2015

RESULTADOS DA XORNADA 7-8/Novembro/2015

Fin de semana regular onde a base foi o máis destacado coas victorias do Mini e Infantíl. Os Seniors e as Cadetes perderon e os Benxamíns xogaron un amistoso co Rio Ulla antes de empezar a Competición o próximo fin de semana.
SENIORS:
SAN MAURO RUBENSPORT 66 - CB GROVE TURIMARES  40. Xogaron polo CBG:
Besteiro 3, Alex 6, Roi 2, Germán 2, Manuel Angel, Kampa 7, Mauri, Rubens 7, Samuel e Oscar 13.
Marcadores: 20-10 e 17-11, 37-21 o descanso, 14-9 e 15-10. Final 66-40.
Árbitros Srs. Escaríz e Vidal, Sinalaron 12 faltas os locais e 19 os visitantes. Eliminado Kampa.
Mal partido dos grovenses que non acaban de encontrar o xogo nos primeiros minutos, sobre todo en defensa pero máis raro é en ataque, con pouco acerto no tiro, pois non superan os coarenta puntos en ningún partido e teñen potencial para chegar os setenta como minimo. A falta de conxunción a hora de atacar o aro rival faise de forma individual, sen xogo colectivo e isto arranxase con adestramentos e ata agora nunca estiveron máis de 4 adestrando. Confiamos en dar a volta despois do Nadal. Destacar do equipo rival o gran acerto dende a liña de 7,25, acertaron 7 de 10 lanzadas como así mesmo tiros de dous, eles mesmos o final dixeron que lles entraba todo.
CADETE FEMENINO:
RIO ULLA  62 - CB GROVE AMALFI 42. Xogaron polas grovenses:
Salma, Olgui 2, Mara 12, Irene 6, Dafne, Ana 4, Arantxa 14, María 2, Thais 2 e Natalia.
Marcadores: 14-14 e 17-10, descanso 31-24, 11-8 e 20-10. Final  62-42.
Árbitros Srs. Escaríz e Pesado. 10 faltas sinaladas as locais por 14 as visitantes, sen eliminados.
Partido moi irregular das nosas xogadoras que tiveron o partido na man de non haber cometido tantos fallos en ataque e perdas de balón cando se acercaban no marcador a 3-4 ptos. para novamente irse. O resultado e moi inganoso, pois a falta de 2 minutos perdían de 6, pero o arriscar e o cansanzo fixo que encaixara 14 puntos en dous minutos. Moita melloría respeto o primeiro partido xogado, e estan no bó camiño, confiamos en acabar moi ben a temporada.
INFANTIL MASCULINO:
CAB  2003  38 - CB  GROVE TURIMARES  67. No CBG xogaron:
Rodri, Pedro 4, Adrian, Alberto 14, Lucas, Pablo 2, Lois 25, Mouco 22, Xoan e Raúl.
Marcadores: 6-20 e 9-12, descanso 15-32, 4-21 e 19-14. Final 38-67.
Árbitros Srs. Escaríz e Martínez, 9 faltas sinaladas os locais por 12 os grovenses.
O mellor do partido a victoria, os grovenses fixeron un partido moi irregular despois de haber feito un gran partido a xornada anterior, xogaron moi confiados na sua superioridade e que facían que cometeran moitos erros en defensa e en ataque. De estar un pouco máis concentrados a diferencia podía ser moito maior. No último cuarto xogaron os que comenzaron este anos e os Minis, baixando moito o nivel de xogo dos grovenses, o que aproveitaron os pontevedreses para gañar o cuarto.
MINI  MASCULINO (Alevíns):
ESTRUGASA RIO ULLA  28 - CB GROVE TURIMARES 53.  Xogaron polo CBG Turimares:
Lucía, Mateo 7, Adrián 10, David, Noa, Pedro 18, Mauro, Andrea e Pablo 18.
Marcadores: 6-2, 0-10 e 5-2, descanso 11-14, 4-12, 9-15 e 4-12. Final 28-53.
Iniciamos a Liga con victoria no Pavillón de Fontecarmoa, pois iste ano xogase por concentracións e tocou Vilagarcía. Os grovenses tiñan varias baixas o baixour un pouco o nivel do equipo, pero impuxeronse a un rival moi peleon que empezou dominando pero despois non pudo facer nada cando estaban en pista xuntos, Pedro, Adrian, Pablo Mateo e David.
Bo inicio do equipo e esperamos seguir así, pois temos un bó conxunto que fan un basquet moi alegre e vistoso que gusta os afecionados.
PREMINI (Benxamíns):
Xogamos un partido amigable co Rio Ulla coas xogadoras novas nadas nos anos 2008 e 2009 que comenzaron a finais de octubro. O seu adestrador saiu moi contento pois xa entenden o xogo, apenas cometen pasos, xa saben o que son dobres, o defender cada un o seu, etc. Estos dous equipos que temos en Competición que escomenza o próximo fin de semana, CBG Amalfi e CBG Turimares, vannos dar moitas alegrías o ver como xogan, non nos importa o resultado, pois nós xogariamos sen marcador, senón por ver como progresan, a nosa victoria e ver o resultado final no Torneo de Santiago a súa progresión.
¡¡¡ FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario